Martín Torrado Mariño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XVII Leiro, España ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/dd/D%C3%A9cimas_ao_Ap%C3%B3stolo_Santiago_%28S%29.jpg/220px-D%C3%A9cimas_ao_Ap%C3%B3stolo_Santiago_%28S%29.jpg)
Martín Torrado Mariño y Figueira nado en Santa María de Leiro, Rianxo, e bautizado o 2 de decembro de 1621, foi un sacerdote galego,[1] coñecido por ser o autor da composición poética "Décimas ao Apóstolo Santiago", en lingua galega.
Traxectoria
O seu pai, Juan da Figueira Torrado, nacera en Isorna e descendía dos Torrados do pazo de Asados; o seu bisavó fora Fernán Mariño, señor da casa e do pazo de Vimieiro en Boiro. A súa nai, unha Somoza, naceu en Leiro.
Foi Colexial de Fonseca, onde desfrutou dunha bolsa de teólogo. En 1627 opositou e gañou cátedra. Desde entón desempeñou a “Regencia de Medianos”. En 1645 obtén a bolsa en teoloxía e, en 1651, foi elixido reitor do Colexio de Fonseca (despois de exercer de abade en Urdilde entre 1622 e 1630 e San Miguel de Boullón), un ano antes da súa morte.
Notas
- ↑ Santos Suárez, Jesús (2005). "Torrado Mariño y Figueira, Martín". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Sacerdote e poeta académico do século XVII que naceu en Leiro (Rianxo, A Coruña) en 1621
Véxase tamén
Bibliografía
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 431. ISBN 84-7492-465-0.
- Romero Lema, F. (1968). "Las décimas al Apóstol Santiago de Martín Torrado" Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. p. 17-21. Boletín de la Real Academia Gallega LXI (en castelán).
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 577. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Décimas ao Apóstolo Santiago (M) e Décimas ao Apóstolo Santiago (S) (1627) Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna, ILG, USC.