Marta Larralde

Modelo:BiografíaMarta Larralde

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de abril de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor en Wikidata -
Premios

IMDB: nm1007458 Allocine: 99856 Rottentomatoes: celebrity/marta_larralde BNE: XX1596990 Editar o valor en Wikidata

Marta Larralde Rivera, nada en Vigo o 22 de abril de 1981, é unha actriz galega.

Traxectoria

Formouse como realizadora cun Ciclo Superior de Realización na Escola de Imaxe e Son de Vigo. Comezou traballando detrás da cámara como guionista, directora e axudante de dirección, mais sentiuse atraída pola interpretación e converteuse nunha das actrices galegas de maior proxección tras ser elixida de forma casual en 2001 para protagonizar a longametraxe Lena, de Gonzalo Tapia, rodada na súa cidade natal.

Desde entón participou en varias películas, destacando León e Olvido e a súa breve aparición en Mar Adentro, así coma un papel fixo na última temporada da serie televisiva Hospital Central e, anteriormente, en varias producións da TVG.

A súa formación inclúe cursos teatrais, de animación, vocalización, danza e expresión corporal.

Traballos como actriz

Películas

  • Los perros de Pavlov (2003), de Kike Maillo. Como Alicia.
  • El último peldaño (2004), de José Manuel Quiroga.
  • Mentes rebosantes, de José Pena.
  • Vamp Lesvos, de Ricardo Spenser.

Personaxes fixos

Personaxes episódicos

Teatro

  • El zoológico de cristal, dirixida por Manuel Camba.
  • El flautista de Hamelin, dirixida por Manuel Camba.
  • Aquelarre, dirixida por Malé González.
  • El color de agosto, dirixida por Marta Álvarez.

Traballos como guionista

  • 666, programa piloto para T.V.
  • ¡Ah, eres tú!, curtametraxe.
  • Un mar de recuerdos, documental.
  • Ni de tu sombra, curtametraxe.

Traballos como auxiliar de dirección

Galardóns e nomeamentos

  • Premio Mellor Actriz no Festival de Cine de Tudela, por Lena.
  • Premio Ofimar á Mellor Interpretación por Pornobrujas[1]
Ano Categoría Filme Resultado
C. Piñeiro 2002 Mellor actriz Lena Gañadora
2004 Mellor actriz León e Olvido Gañadora
2006 Mellor actriz secundaria Días azuis Nomeada
2011 Mellor actriz secundaria Outro máis Nomeada[2]
2013 Mellor actriz secundaria Gran Hotel Nomeada
2014 Mellor actriz secundaria O ouro do tempo Nomeada

Notas

  1. Marta Larralde, premiada en el XIV Festival de Cine Octubre Corto 2012
  2. "Nomeamentos Premios Mestre Mateo 2011" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de marzo de 2012. Consultado o 29 de outubro de 2012. 

Véxase tamén

Ligazóns externas