Martin Solveig
Martin Solveig | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Martin Picandet |
Nacemento | 22 de setembro de 1976 |
Lugar de nacemento | París |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | disc-jóckey, cantante, compositor, cantautor, produtor musical e compositor de cancións |
Premios | cabaleiro da orde das Artes e as Letras e Oficial das Artes e das Letras |
Na rede | |
http://www.martinsolveig.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Martin Solveig, nado Martin Picandet o 22 de setembro de 1976, é un DJ, cantante esporádico e produtor francés de música electrónica. Tamén realiza un programa na radio FG DJ Radio. Ten contrato con Defected Records de Londres.
Inicios da súa carreira
Nado no 1976, aos 13 anos conseguiu o seu primeiro tocadiscos, mais non foi até 1992 que Martin se decidiu a comezar a súa carreira na música electrónica aínda sendo educado na música clásica (Martin era un solista soprano no coro parisiense Les Petits Chanteurs de Sainte-Croix de Neuilly). Debutou coa súa primeira residencia no club de París Le Palace co apoio de Claude Monnet.
Martin Solveig mudouse a outro famoso club nocturno parisiense Les Bains Douches, onde traballou con famosos DJ's como Todd Terry, Roger Sánchez e Bob Sinclar. A súa popularidade chegou aínda máis lonxe grazas ás festas Pure no Queen Club tanto no papel de DJ, como de director artístico.
Discos gravados nos seus inicios
Comezou a producir nunha etapa temperá da súa carreira. A través do seu propio selo, editou dous sinxelos de 12 polgadas, "Heart of Africa" e "Come With Me". Estes combinan a música dance coa música interpretada con instrumentos tradicionais. Bob Sinclar convidouno a se unir ao proxecto Africanism que combina música africana e música electrónica. Após isto, lanzou o sinxelo "Edony", con boa acollida en todo o mundo.
Carreira posterior
No 2002, lanzou o álbum Sur La Terre, que contén tanto "Heart of Africa" como "Edony". O álbum foi lanzado internacionalmente por Universal Music. Outra faixa notábel do álbum é "Linda", un tributo a Fela Kuti e Serge Gainsbourg. O álbum foi lanzado no 2004 nos Estados Unidos. No 2003, traballou con Salif Keïta en "Madan" que triunfou en Europa, sobre todo en Francia, Italia e Grecia. "Rocking Music", na que destaca unha figura rítmica de guitarra punk rock (e tamén coñecido por ter a voz de Jay Sebag), chegou ao top 40 en Australia. "Madan" e "Rocking Music" foran remisturados no seu segundo álbum, Suite. Madan foi remisturado novamente como unha canción para a Copa do mundo de Francia, 'Zidane Il Va Marquer!" antes da final entre Italia e Francia. Os seguintes sinxelos inclúen "I'm A Good Man", and "Everybody". Solveig era un dos produtores para o álbum de Bob Sinclar Western Dream. No ano 2007 Martin Solveig foi o DJ do congreso do UMP, o partido de ideoloxía conservadora de Nicolas Sarkozy, xusto antes da escolla presidencial francesa.
Discografía
Álbums de estudio
Ano | Álbum | Posto | |||
---|---|---|---|---|---|
FRA [1] |
BEL (FLA) | BEL (WAL) | SWI [2] | ||
2002 | Sur la Terre
|
— | — | — | — |
2003 | Suite
|
84 | — | — | — |
2005 | Hedonist
|
43 | — | 99 | — |
2008 | C'est La Vie
|
16 | 99 | 23 | 59 |
2011 | Smash
|
18 | — | 37 | 77 |
Sinxelos
- 1998 "Break Da EP"
- 1999 "Heart Of Africa/Afro Deep"
- 2000 "Come With Me"
- 2000 "Destiny"
- 2000 "Edony (Clap Your Hands)", como Africanism
- 2001 "Mr. President"
- 2002 "Linda"
- 2002 "Someday"
Ano | Título | Posto | Certificaciones | Álbum | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
FRA [1] |
AUS [4] |
AUT [5] |
BEL (FL) [6] |
CAN [7] |
BEL (WA) [6] |
NLD [8] |
NZ [9] |
SWI [2] |
UK [10] |
US [11] | ||||
2003 | "Madan" (vs. Salif Keita) | 37 | — | — | — | — | 64 | 87 | — | 66 | — | — | Sur La Terre | |
"Rocking Music" | 47 | 39 | — | 54 | — | 64 | 82 | — | — | 35 | — | |||
"Heartbeat" [A] | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | |||
2004 | "I'm a Good Man" | — | — | — | — | — | — | — | — | — | 57 | — | ||
2005 | "Everybody" | 37 | 33 | — | 28 | — | 27 | — | — | — | 22 | — | Hedonist | |
2006 | "Jealousy" | 36 | — | — | 30 | — | 40 | — | — | 60 | 62 | — | ||
"Something Better" | — | — | — | — | — | 64 | — | — | — | — | — | |||
2007 | "Rejection" | 34 | — | — | 57 | — | 52 | — | — | 55 | — | — | ||
2008 | "C'est La Vie" | — | — | — | 53 | — | 59 | — | — | 63 | — | — | C'est la vie | |
"I Want You" (con Lee Fields) | 59 | — | — | 54 | — | 37 | — | — | — | — | — | |||
2009 | "One 2.3 Four" | — | — | — | 52 | — | 57 | — | — | — | — | — | ||
"Boys & Girls" (con Dragonette) | 17 | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | Smash | ||
2010 | "Hello" (con Dragonette) | 5 | 13 | 1 | 1 | 8 | 2 | 1 | 5 | 10 | 13 | 46 | ||
2011 | "Ready 2 Go" (con Kele) | 20 | — | 49 | 65 | — | 58 | 24 | — | 70 | 48 | — |
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "French Charts > Martin Solveig". lescharts.com/.
- ↑ 2,0 2,1 "Swiss Charts > Martin Solveig". hitparade.ch/.
- ↑ http://itunes.apple.com/fr/album/smash/id439636826
- ↑ "Australian Charts > Martin Solveig". australian-charts.com/.
- ↑ "Austrian Charts > Martin Solveig". austriancharts.at/.
- ↑ 6,0 6,1 http://www.ultratop.be/en/search.asp?cat=s&lang=nl&search=martin+solveig
- ↑ http://www.billboard.com/charts/canadian-hot-100
- ↑ "Dutch Charts > Martin Solveig". dutchcharts.nl/.
- ↑ "New Zealand Charts > Martin Solveig". charts.org.nz/. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2012. Consultado o 01 de outubro de 2011.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2012. Consultado o 30 de maio de 2012.
- ↑ http://www.billboard.com/#/charts/hot-100?chartDate=2011-04-23&order=gainer
- ↑ "ARIA Charts > Accreditations > 2011 Singles". Australian Recording Industry Association. Consultado o 2011-02-14.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28/06/2013. Consultado o 26/08/2018.
- ↑ "Italian Singles Chart > Accreditations > 2011 Singles" (PDF). Federation of the Italian Music Industry. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2011. Consultado o 2011-02-25.
- ↑ "New Zealand Singles Chart > Accreditations > 2011 Singles". Recording Industry Association of New Zealand. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2011. Consultado o 2011-02-27.
- ↑ Martin Solveig Says "Hello" to RIAA Gold