Marvin Williams
Posición | Ala-pivote / Ala |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 19 de xuño de 1986 (37 anos) Bremerton, Washington |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 109 kg (240 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Bremerton (Bremerton, Washington) |
Universidade | North Carolina (2004–2005) |
NBA Draft | 2005 / Rolda: 1 / Elección: 2 Por Atlanta Hawks |
Carreira | 2005–2020 |
Historial de equipos | |
Atlanta Hawks (2005–2012) Utah Jazz (2012–2014) Charlotte Hornets (2014–2020) Milwaukee Bucks (2020) |
Marvin Gaye Williams, Jr., nado o 19 de xuño de 1986 en Bremerton, Washington, é un ex xogador americano de baloncesto profesional que xogou toda a súa carreira na National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional
Williams foi elixido na 2ª posición do Draft da NBA de 2005 polos Atlanta Hawks. Na súa tempada coma rookie, foi elixido no segundo mellor equipo de Rookies da NBA.
O 29 de xullo de 2010, Williams e os Hawks chegaron a un acordo para asinar un contrato por 5 anos, cun valor de 40 millóns de dólares.
O 11 de xullo de 2012, Williams foi traspasado ós Utah Jazz a cambio de Devin Harris.[1]
O 21 de xullo de 2014, Williams asinou cos Charlotte Hornets un contrato de dous anos e 14 millóns dólares.[2]
Notas
- ↑ "Jazz Acquires Forward Marvin Williams". NBA.com. 11 de xullo de 2012. Consultado o 11 de xullo de 2012.
- ↑ Hornets Sign Marvin Williams
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 04 de decembro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)