Maryam Mirzakhani

Maryam Mirzakhani
Maryam Mirzakhani en 2014.
Datos persoais
Nacemento3 de maio de 1977
LugarTeherán Irán
Falecemento15 de xullo de 2017 (40 anos)
LugarPalo Alto, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
CausaCancro de mama
Nacionalidade Irán[1][2]
CónxuxeJan Vondrák
Actividade
CampoMatemáticas
Alma máterUniversidade Sharif de Tecnoloxía (BS)
Universidade Harvard
TeseSimple geodesics on hyperbolic surfaces and the volume of the moduli space of curves (2004)[3]
Director de teseCurtis T. McMullen[4][5]
Contribucións e premios
PremiosPremio Blumenthal (2009)
Premio Satter (2013)
Clay Research Award (2014)
Medalla Fields (2014)
editar datos en Wikidata ]

Maryam Mirzakhani (en persa: مریم میرزاخانی) nada en Teherán o 12 de maio de 1977[6] e finada en Palo Alto (California) o 15 de xullo de 2017 foi unha matemática iraniana,[1][7] profesora de matemáticas na Universidade Stanford.[8][9][10] Os seus campos de traballo incluíron a teoría de Teichmüller, a xeometría hiperbólica, a teoría ergódica e a xeometría simpléctica.[1]

O 13 de agosto de 2014, Mirzakhani converteuse na primeira muller e a primeira persoa iraniana en recibir a medalla Fields, o premio máis prestixioso das matemáticas.[11][12] O comité do premio citou o seu traballo na "dinámica e a xeometría das superficies de Riemann e os seus espazos módulo".[13]

Traxectoria

Mirzakhani asistiu en Teherán á escola Farzanegan, que formaba parte da Organización Nacional para o Desenvolvemento de Talentos Excepcionais.

En 1994 gañou a medalla de ouro na Olimpíada Matemática Internacional, primeira estudante iraniana en conseguilo. Na seguinte edición converteuse na primeira iraniana en conseguir unha puntuación perfecta e en gañar dúas medallas de ouro.[14][15]

Obtivo o seu grao en matemáticas en 1999 na Universidade Sharif de Tecnoloxía de Teherán. Marchou aos Estados Unidos para continuar o seu traballo, logrando o doutoramento na Universidade Harvard en 2004, traballando baixo a supervisión do gañador da medalla Fields Curtis McMullen. En 2004 acadou unha colaboración no Instituto Clay de Matemáticas e como profesora na Universidade de Princeton.[16]

Mirzakhani fixo varias contribucións á teoría de espazos módulo sobre superficies de Riemann. Nos primeiros traballos, Mirzakhani descubriu unha fórmula para expresar o volume dun espazo módulo cun genus dado como polinomio en función do número de compoñentes de fronteira. Isto levouna a obter unha nova demostración para a fórmula descuberta por Edward Witten e Maxim Kontsevich sobre os números de intersección das clases tautolóxicas sobre espazos módulo,[8] ademais dunha fórmula asintótica para o crecemtne do número de xeodésicas pechadas sobre unha superficie hiperbólica compacta, xeneralizando o teorema das tres xeodésicas para superficies esféricas.[17] O seu traballo seguinte centrouse na dinámica de Teichmüller sobre espazos módulo. En particular, probou a conxectura de William Thurston.[18]

A Mirzakhani foille concedida a medalla Fields en 2014 pola "súa extraordinaria contribución á dinámica e á xeometría das superficies de Riemann e os seus espazos módulo"[19] , converténdose na única muller que a posúe até hoxe[20]. O premio foi recibido en Seúl durante o Congreso Internacional de Matemáticas.[21] O presidente Hassan Rouhani felicitouna.[22]

Dende 2019, o 12 de maio celébrase o Día das Mulleres Matemáticas, para conmemorar o nacemento de Maryam Mirzakhani.[23]

Vida privada

En 2013, a Mirzakhani diagnosticáronlle cancro de mama.[24] Tras catro anos estendéuselle á medula ósea[25] e faleceu o 15 de xullo de 2017.[26]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Mirzakhani, Maryam. "Curriculum Vitae" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24-11-2005. Consultado o 13-8-2014. 
  2. Valette, Alain. "The Fields Medalists 2014" (PDF). Neuchâtel, Switzerland: Institut de mathématiques, Université de Neuchâtel. Consultado o 15-7-2017. 
  3. Tese
  4. Mirzakhani, Maryam. "Curriculum Vitae" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29-08-2008. Consultado o 12-8-2014. 
  5. Jonathan, Webb (2014). "First female winner for Fields maths medal". BBC News. Consultado o 13-8-2014. 
  6. "12 de Mayo, Día Internacional de la Mujer Matemática". www.divulgamat.net. Consultado o 2022-06-22. 
  7. Maryam Mirzakhani, first woman to win maths' Fields Medal, dies (en inglés)
  8. 8,0 8,1 Mirzakhani, Maryam (2007). "Weil-Petersson volumes and intersection theory on the moduli space of curves" (PDF). Journal of the American Mathematical Society 20: 1–23. MR 2257394. doi:10.1090/S0894-0347-06-00526-1. 
  9. Mirzakhani, Maryam (Xaneiro 2007). "Simple geodesics and Weil-Petersson volumes of moduli spaces of bordered Riemann surfaces". Inventiones Mathematicae (Springer-Verlag) 167 (1): 179–222. ISSN 1432-1297. doi:10.1007/s00222-006-0013-2. 
  10. "Report of the President to the Board of Trustees". Universidade Stanford. 9-4-2008. Consultado o 12-8-2014. 
  11. "President Rouhani Congratulates Iranian Woman for Winning Math Nobel Prize". Fars News Agency. 14-8-2014. Arquivado dende o orixinal o 26-12-2018. Consultado o 14-8-2014. 
  12. "IMU Prizes 2014". International Mathematical Union. Arquivado dende o orixinal o 26-12-2018. Consultado o 12-8-2014. 
  13. Sample, Ian (13-8-2014). "Fields Medal mathematics prize won by woman for first time in its history". the Guardian. Consultado o 9-6-2016. 
  14. "Iranian woman wins maths' top prize". New Scientist. 12-8-2014. Consultado o 13-8-2014. 
  15. Newhall, Marissa (13-9-2005). "'Brilliant' minds honored: Maryam Mirzakhani". USA Today. 
  16. "Mirzakhani, Maryam". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2018. Consultado o 16 de xullo de 2017. 
  17. Mirzakhani, Maryam (2008). "Growth of the number of simple closed geodesics on hyperbolic surfaces". Annals of Mathematics 168 (1): 97–125. MR 2415399. Zbl 1177.37036. doi:10.4007/annals.2008.168.97. 
  18. Mirzakhani, M. (2008). "Ergodic Theory of the Earthquake Flow". International Mathematics Research Notices 2008. MR 2416997. doi:10.1093/imrn/rnm116. 
  19. "IMU Prizes 2014 citations". International Mathematical Union. Arquivado dende o orixinal o 12-08-2014. Consultado o 12-8-2014. 
  20. Martínez Ahrens (Jan). "Maryam Mirzakhani, la primera mujer con una Medalla Feilds de matemáticas". Consultado o 02-09-2017. 
  21. Stanford's Maryam Mirzakhani wins Fields Medal, Bjorn Carey, Stanford.edu, Retrieved 12-8-2016
  22. "President hails Prof Mirzakhani, winner of topmost world math prize". Official Site of the President of The Islamic Republic of Iran. 13-8-2014. Consultado o 19-8-2014. 
  23. "12 de Mayo, Día Internacional de la Mujer Matemática". www.divulgamat.net. Consultado o 2022-06-22. 
  24. Iranian math genius battles cancer recurrence at US hospital (en inglés)
  25. France-Presse, Agence. "Sorrow as Maryam Mirzakhani, the first woman to win mathematics' Fields Medal, dies aged 40". The Telegraph. Consultado o 15-7-2017. 
  26. "Maryam Mirzakhani "died" (en persa). Mehr news Agancy. 15-7-2017. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • De Marchi, Vichi (2020). Ellas son de ciencias : Historias, pasiones y sueños de 15 científicas. Madrid: Ediciones del Laberinto. ISBN 978-84-1330-038-2

Outros artigos

Ligazóns externas