Maurice "Rocket" Richard Trophy
O Maurice "Rocket" Richard Trophy, tamén coñedico como Maurice Richard Trophy,[1] é entregado anualmente ao máximo goleador da National Hockey League (NHL). Foi doado á NHL polos Montreal Canadiens na tempada 1998-99 e recibe o seu nome en honor do lendario á dereito dos Canadiens Maurice "Rocket" Richard e foi gañado por primeira vez por Teemu Selänne. O actual gañador é Alexander Ovechkin, dos Washington Capitals, que anotou 53 goles durante a tempada 2014–15.
Historia
O Maurice "Rocket" Richard Trophy foi doado polos Montreal Canadiens á NHL en 1999, e foi entregado por primeira vez ao finalizar a tempada 1998-99. É un dos trofeos da NHL máis novos e recibe o seu nome en honor do lendario á dereito Maurice "Rocket" Richard, que pasou os 18 anos da súa carreira nos Canadiens. Richard liderou a táboa de goleadores en cinco ocasións e foi o primeiro xogador da NHL en superar a barreira dos 500 goles. Na tempada 1944–45, Richard converteuse tamén no primeiro xogador na historia da NHL en marcar 50 goles nunha tempada, facelo en só 50 partidos, o último rexistro foi conseguido só por un puñado de xogadores dende aquela. Con todo, o título ao máximo goleador eludiu a Richard, e o título máis próximo que conseguiu foi na tempada 1954-55.[2]
Aínda que o xogador ao cal se entrega o Art Ross Trophy ao máximo puntuador adoita gañar o Hart Memorial Trophy ao xogador máis valioso, só Alexander Ovechkin e Corey Perry gañaron o Richard e o Hart na mesma tempada; Ovechkin o fixo en tres ocasións, na tempada 2007-08, tempada 2008-09 e tempada 2012-13. Once xogadores gañaron o Hart Trophy na mesma tempada na que lideraron a liga en goles antes de que se entregara o Richard Trophy por primeira vez.[3]
Ao contrario do que ocorre no Art Ross Trophy, no Richard Trophy non hai criterios de desempate. Isto fai que sexa posible que varios xogadores gañen o trofeo, como cando na tempada 2003-04 houbo un triplo empate entre Jarome Iginla, Ilya Kovalchuk e Rick Nash. A segunda vez que se produdiu un empate neste trofeo foi na tempada 2009-10, canto Sidney Crosby e Steven Stamkos anotaron 51 goles para gañar o premio. Rick Nash é o xogador máis novo que gañou o trofeo, contando con 19 anos despois de recibilo. Alexander Ovechkin é o único xogador que gañou o trofeo canto menos en tres ocasións.
Gañadores
Xogador aínda en activo na NHL.
Tempada | Gañador | Equipo | Goles | Partidos | Nº vitorias[nota 1] |
---|---|---|---|---|---|
1998-99 | Teemu Selänne | Mighty Ducks of Anaheim | 47 | 75 | 1 (3) |
1999-00 | Pavel Bure | Florida Panthers | 58 | 74 | 1 (2) |
2000-01 | Pavel Bure | Florida Panthers | 59 | 82 | 2 (3) |
2001-02 | Jarome Iginla | Calgary Flames | 52 | 82 | 1 |
2002-03 | Milan Hejduk | Colorado Avalanche | 50 | 82 | 1 |
2003-04 | Rick Nash | Columbus Blue Jackets | 41 | 80 | 1 |
Ilya Kovalchuk | Atlanta Thrashers | 41 | 81 | 1 | |
Jarome Iginla | Calgary Flames | 41 | 81 | 2 | |
2004-05 | Non houbo gañador a causa do lockout. | ||||
2005-06 | Jonathan Cheechoo | San Jose Sharks | 56 | 82 | 1 |
2006-07 | Vincent Lecavalier | Tampa Bay Lightning | 52 | 82 | 1 |
2007-08 | Alexander Ovechkin | Washington Capitals | 65 | 82 | 1 |
2008-09 | Alexander Ovechkin | Washington Capitals | 56 | 79 | 2 |
2009-10 | Sidney Crosby | Pittsburgh Penguins | 51 | 81 | 1 |
Steven Stamkos | Tampa Bay Lightning | 51 | 82 | 1 | |
2010-11 | Corey Perry | Anaheim Ducks | 50 | 82 | 1 |
2011-12 | Steven Stamkos | Tampa Bay Lightning | 60 | 82 | 2 |
2012-13[nota 2] | Alexander Ovechkin | Washington Capitals | 32 | 48 | 3 |
2013-14 | Alexander Ovechkin | Washington Capitals | 51 | 78 | 4 |
2014-15 | Alexander Ovechkin | Washington Capitals | 53 | 81 | 5 |
Notas
- ↑ As vitorias inclúen as veces que o xogador liderou a liga en goles antes da introdución do trofeo, entre parénteses.
- ↑ A liga foi máis curta a causa do lockout.
- Referencias
- ↑ NHL.com (ed.). "Maurice "Rocket" Richard Trophy history" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2017. Consultado o 9 de xullo de 2015.
- ↑ "Maurice "Rocket" Richard Trophy history" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2017. Consultado o 9 de xuño de 2015.
- ↑ NHL.com (ed.). "Hart Memorial Trophy history" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2006. Consultado o 9 de xuño de 2015.
Véxase tamén
Outros artigos
- Lista de líderes de anotación pasados da NHL
Ligazóns externas
- Maurice Richard Trophy at NHL.com
- Maurice Richard TrophyArquivado 28 de xuño de 2017 en Wayback Machine. en Legends of Hockey.net
- Dinger, Ralph (2004). Dan Diamond, ed. National Hockey League Official Guide & Record Book (en inglés). Toront. ISBN 0-920445-84-5.