Maus (novela gráfica)

Maus
Título orixinalMaus
Autor/aArt Spiegelman
Ilustrador/aArt Spiegelman
OrixeEstados Unidos de América
LinguaInglés
Tema(s)Holocausto, Children of Holocaust survivors, supervivinte do Holocausto, Jews in Poland, parents and children, trauma psicolóxico, xudeus estadounidenses, Vladek Spiegelman e Art Spiegelman
Xénero(s)Novela
Editorial Pantheon Books
Galicia Inrevés
Data de pub. 1991
Galicia 2008
FormatoRústica con lapelas
Páxinas296
ISBNISBN 978-84-92866-89-2 (gl)
Premios
TraduciónDiego García Cruz
editar datos en Wikidata ]

Maus é unha novela gráfica creada polo debuxante estadounidense Art Spiegelman, orixinalmente publicada de forma serializada dende 1980 até 1991. Representa a Spiegelman entrevistando ó seu pai sobre as súas experiencias como xudeu polaco e sobrevivente do Holocausto. A obra emprega técnicas do posmodernismo e representa ós xudeus como ratos, ós alemáns como gatos e ós polacos como porcos. A crítica considerou Maus como unhas memorias, unha biografía, unha historia, unha ficción, unha autobiografía ou unha mestura de xéneros. En 1992, converteuse na primeira novela gráfica en gañar o Premio Pulitzer.

Foi traducida ó galego por vez primeira en 2008 (labor a cargo de Diego García Cruz) e publicada pola editorial balear Inrevés[1]. En 2017 a editorial Rinoceronte volvería traducir (traballo que fixo Estela Villar Nogueira) e publicar a obra.[2][3]

Notas

  1. MAUS (EDICIÓN EN GALEGO), publicado o 21 de novembro de 2008.
  2. Novelas en tránsito Arquivado 14 de outubro de 2017 en Wayback Machine., artigo en Sermos Galiza o 8 de setembro de 2017.
  3. Rinoceronte Editora (ed.). "Maus por Rinoceronte Editora". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2019. Consultado o 18 de abril de 2019. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ewert, Jeanne (2004). Rya, Marie-Laure, ed. Narrative Across Media: The Languages of Storytelling. University of Nebraska Press. pp. 180–193. ISBN 978-0-8032-8993-2. 
  • Geis, Deborah R., ed. (2007). Considering Maus: Approaches to Art Spiegelman's "Survivor's tale" of the Holocaust. University of Alabama Press. ISBN 978-0-8173-5435-0. 
  • Kannenberg, Eugene P. (2002). Form, Function, Fiction: Text and Image in the Comics Narratives of Winsor McCay, Art Spiegelman, and Chris Ware. Universidade de Connecticut. ISBN 978-0-493-69522-8. 
  • Miller, Frieda (1998). Maus: A Memoir of the Holocaust : Teacher's Guide (PDF). Vancouver Holocaust Education Centre. ISBN 978-1-895754-29-2.