Meddle

Meddle
Álbum de Pink Floyd
Publicado30 de outubro de 1971
GravaciónEntre xaneiro e agosto de 1971
Duración46:33
Xénero(s)rock progresivo, rock psicodélico, rock sinfónico
Selo(s)Harvest/Capitol, Harvest/EMI
Producido porPink Floyd
Cronoloxía
Atom Heart Mother Meddle Obscured by Clouds

Meddle e o nome do sexto álbum de estudio da banda británica de música rock Pink Floyd, editado en 1971. Foi gravado en varios estudos de Londres, entre os que se encontraban os Abbey Road Studios. Sen ter unha idea da dirección que querían que tomase o álbum, a banda creou unha serie de experimentos sonoros que posteriormente incluiríanse na pista máis famosa e longa do álbum, Echoes, de 23 minutos.

As críticas dos expertos musicais foron xeralmente positivas. O disco converteuse nun éxito en vendas no Reino Unido, aínda que nos Estados Unidos a pouca publicidade por parte da distribuidora fixo que se convertera nun fracaso comercial.

O nome é un xogo de palabras entre medal (medalla) e meddle (interpoñer). A portada do disco foi deseñada por Storm Thorgerson, aínda que despois do lanzamento este mostrouse insatisfeito, afirmando que era a que menos gustaba de Pink Floyd.

Fotografía dos membros da banda, incluída dentro do álbum.