Metro de Moscova
Metro de Moscova | ||
Localización | Cidade de Moscova, Rusia | |
Tipo de transporte | Metro (ferrocarril) | |
Inauguración | 1935 | |
Lonxitude das liñas | 333,4 km[1] | |
Número de liñas | 15 | |
Nº de usuarios ao día | 9.55 millóns, cunha media de 6.8 millóns | |
Estacións | 200 | |
Ancho de vía | 1,520 m | |
Operadora do metro | Moskovsky Metropoliten |
O metro de Moscova, en ruso: Московский метрополитен, tamén coñecido como o palacio subterráneo, foi inaugurado en 1935, e é actualmente o primeiro do mundo por densidade de pasaxeiros, transporta arredor de 3.341.500.000 persoas ao ano e cerca de 9,2 millóns de individuos ao día.[2] Posúe 200 estacións e unha lonxitude de tendido subterráneo de 333.4 quilómetros (quinto no mundo despois de Nova York, Londres, Madrid e Toquio) con 15 liñas.
Na liña , con forma de anel, que se cruza con todas as outras en dúas estacións, a megafonía indica aos usuarios o sentido en que viaxa o tren, utilizando voces masculinas cando avanzan no sentido das agullas do reloxo, e voces femininas cando se dirixe en sentido contrario. Así, nas liñas radiais, empréganse voces masculinas cando os trens se acercan ao centro da cidade, e voces femininas cando se afastan.
Historia
A primeira liña foi aberta o 15 de maio de 1935 entre Sokol'niki e Park Kul'tury, cun ramal cara Smolenskaya que foi ampliado até Kievskaya en abril de 1937 (cruzando o río Moscova sobre unha ponte). Dúas liñas máis foron logo abertas antes da segunda guerra mundial. En marzo de 1938 a liña de Arbatskaya foi ampliada até a estación de Kurskaya (hoxe Arbatsko-Pokrovskaya). En setembro de 1938 abriuse a liña Gorkovsko-Zamoskvoretskaya, entre Sokol e Teatral'naya.
Os proxectos da terceira etapa do Metro de Moscova foron atrasados durante a segunda guerra mundial. Dúas seccións do metro foron postas en servizo: Teatralnaya - Avtozavodskaya (3 estacións, cruzando o río Moscova nun túnel profundo) e Kurskaya - Izmaylovskiy Park (4 estacións).
Despois da guerra iniciouse a construción da cuarta etapa do metro, que incluía a liña Kol'tsevaya e a parte profunda da liña Arbatsko-Pokrovskaya desde Pl. Revolyutsii até Kievskaya.
As razóns da construción da sección profunda da estación Arbatskaya radica no inicio da guerra fría. Son profundas e están ideadas para esconder xente no caso dunha guerra nuclear. Despois da finalización da liña en 1953.
Arquitectura
Durante os anos 60 a arquitectura das estacións variou seriamente e algunhas estacións como VDNKh e Alekseevskaya inauguráronse con maior simplicidade que o planeada orixinalmente.
Liñas
- Véxase tamén: Estacións do metro de Moscova.
Notas
- ↑ "Moscow Metro numbers" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2006. Consultado o 05 de febreiro de 2009.
- ↑ Urbanrail.net (ed.). "Páxina de Metro Moscova" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2009. Consultado o 05 de febreiro de 2009.