Metrodoro de Lámpsaco o Novo
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (grc) Μητροδωρος Λαμψακηνος ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 331 a. C. ![]() Lâmpsaco (cidade), Turquía (pt) ![]() ![]() |
Morte | 278 a. C. ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofia e literatura (pt) ![]() ![]() |
Ocupación | filósofo ![]() |
Período de tempo | Período helenístico ![]() |
Movemento | Epicureísmo ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Leontina ![]() |
Descrito pola fonte | Edición de 1870 do Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica ![]() |
Metrodoro (en grego Μητρόδωρος, en latín Metrodorus) foi un filósofo grego nado en Atenas ou Lámpsaco, pero máis probabelmente na primeira cidade, xa que se sabe que o seu irmán Timócrates era un ateniense do demo de Potamos, tribo de Leontis.
Traxectoria
Metrodoro foi o principal discípulo de Epicuro, un amigo do que nunca se separou, salvo unha visita de seis meses a Lámpsaco. Morreu no -277 aos 53 anos, sete anos antes que Epicuro, quen o designaría como o seu sucesor se lle sobrevivise. Deixou un fillo chamado Epicuro e unha filla. A súa muller (ou amante) chamábase Leoncia. Epicuro, no seu leito de morte, felicitou a Idomeneo, casado con Batis, irmá de Metrodoro, por ter coidado dos dous fillos do filósofo.
A súa filosofía era de tipo máis sensual que a de Epicuro, e predicaba o mantemento dun bo corpo ao longo da vida como camiño cara á felicidade, segundo conta Cicerón.
Dióxenes Laercio menciona as súas obras, que son:
- Πρὸς τοὺς ἰατροὺς, (sobre os médicos) en tres libros.
- Περὶ αἰσθήσεων (sobre os sentidos), dedicado a Timócrates.
- Περὶ μεγαλοψυχίας (sobre la xenerosidade).
- Περὶ τῆς Ἐπικούρου ἀρρωστίας (sobre as enfermidades de Epicuro).
- Προς τοὺς διαλεκτικούς (a favor dos dialécticos).
- Περὶ τοὺς σοφιστας (sobre os sofistas), en nove libros.
- Περὶ τῆς ἐπὶ σοφίαν πορείας (sobre o camiño á sabedoría).
- Περὶ τῆς μεταβολῆς (sobre as transformacións).
- Περὶ πλούτου (sobre a riqueza).
- Πρὸς Δημόκριτον (sobre Demócrito).
- Περὶ Εὐγενείας (sobre a nobreza de espírito).
- Περὶ Ποιητῶν (sobre os poetas), onde atacaba a Homero.
- Πρὸς Τίμαρχον (a favor de Timarco).
- Περὶ συνηθείας (sobre as relacións íntimas).
Ateneo de Naucratis menciona as súas cartas e cita fragmentos dunha dirixida a Timócrates. Plutarco tamén menciona Περὶ φιλοσοφίας, que podería ser a mesma obra que Περὶ τῆς ἐπὶ σοφίαν πορείας[1].