Minquartia guianensis
Minquartia guianensis | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
Minquartia guianensis é a única especie do xénero monotípico Minquartia pertencente á familia das olacáceas. É orixinaria de América.[1]
Descrición
Son árbores que acadan un tamaño de até 20 m de alto, con látex branco, poliñas glabras. Follas elípticas a oblongas, de 10–25 cm de longo e 4–7 (–10) cm de ancho, ápice acuminado, base obtusa a redondeada, glabras, envés debuxado con pequenos puntos negros resinosos, nervios terciarios paralelos e conectando os nervios laterais a maneira de banzos; pecíolo (1–) 1.5–3 (–4) cm de longo, asucado na superficie adaxial. Froito drupáceo, elipsoide, 2–3 cm de longo, endocarpo tuberculado; semente 1.
Distribución e hábitat
É unha especie rara que se atopa nos bosques húmidos, da zona atlántica; a unha altitude de 10–20 metros; dende Nicaragua até Suramérica tropical.[2]
Taxonomía
Minquartia guianensis foi descrita por Jean Baptiste Christophore Fusée Aublet e publicado en Histoire des Plantes de la Guiane Françoise 2(Suppl.): 4–6, t. 370. 1775.[3]
- Eganthus poeppigii Tiegh.
- Endusa punctata Radlk.
- Minquartia macrophylla Ducke
- Minquartia parvifolia A.C. Sm.
- Minquartia punctata (Radlk.) Sleumer
- Secretania loranthacea Müll. Arg.[4]
Notas
- ↑ Minquartia guianensis en Jstor
- ↑ fr jul; Rueda 2673, Sandino 4918;
- ↑ "Minquartia guianensis".
- ↑ Minquartia guianensis en PlantList
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Americas Regional Workshop (Conservation & Sustainable Management of Trees, Costa Rica) 1998. Minquartia guianensis Arquivado 19 de maio de 2007 en Wayback Machine.. 2006 IUCN Red List of Threatened Species. Consultado o 22 de agosto de 2007.