Mitsubishi Ki-67
Ki-67 Hiryu | |
---|---|
Hiryu en terra | |
Tipo | bombardeiro pesado |
Fabricante | Mitsubishi |
Deseñado por | Ozawa Kyonosuke |
Introducido | outubro de 1944 |
Retirado | agosto de 1945 |
Principais usuarios | Servizo Aéreo do Exército Imperial Xaponés Servizo Aéreo da Armada Imperial Xaponesa |
Unidades construídas | 767 |
Variantes | Mitsubishi Q2M |
O Mitsubishi Ki-67 Hiryu (飛龍, dragón voador) foi un bombardeiro pesado xaponés da segunda guerra mundial. Foi deseñado en 1941 para substituír o Ki-49 e voou por primeira vez en decembro de 1942. Foi o mellor bombardeiro pesado do Exército Imperial do Xapón, pero só estivo en servizo os últimos 11 meses de guerra, entregándose 698 exemplares. Os aliados alcumárono "Peggy".
Operacións
O Ki-67 foi usado para bombardeos de nivel, e torpedeiro. Foi inicialmente empregado pola Armada Xaponesa e o Servizo Aéreo da Armada contra a 3ª Frota estadounidense durante os seus ataques contra Formosa e as illas Ryukyu. Posteriormente utilizouse en Okinawa, China, Indochina Francesa, Karafuto e contra os aeródromos de B-29 en Saipan, Tinian e Guam, apoiando os ataque da Giretsu (unha unidade especial do Exército Imperial Xaponés). Unha versión especial de ataque ao chan foi empregada nas misións da Giretsu, equipada con tres canóns de 20 mm dirixidos por control remoto para disparar cara ao chan, tiña tamén outro canón de 20 mm na cola, metralladoras de 13.2 mm no lateral e na zona superior e máis capacidade de combustible. Incluso con máis combustible, estas misións eran dun só sentido debido ás longas distancias que os avións tiñan que percorrer. Na súltimas fases da guerra, versións especiais de ataque usáronse en misións kamikaze.