Modelo

Segundo o contexto, a palabra modelo pode referirse a:

Belas artes
  • Modelo artístico, persoa que posa para fotografía, debuxo, pintura ou escultura.
Ciencia
  • Modelo é o resultado do proceso de xerar unha representación de sistemas a fin de analizar certos fenómenos ou procesos.
  • Modelo científico. Algunhas veces o modelo científico recibe o nome de paradigma, ou perspectiva científica ou a visión global nunha determinada época temporal.
Economía
  • Modelo económico, modelo do funcionamento da economía.
Física
  • Modelo estándar.
  • Modelo físico, modelo científico no ámbito da física e a enxeñaría.
  • Modelo de Ising, un modelo físico proposto para estudar o comportamento de materiais ferromagnéticos.
  • Modelo padrón ou modelo estándar, en física de partículas, é unha teoría que describe as relacións entre as interaccións fundamentais coñecidas entre as partículas fundamentais que constitúen toda a materia.
Enxeñaría
  • Modelado numérico, representación dun número cunha letra, unha substitución deste, nunha ecuación, en leis matemáticas etc.
  • Modelo tecnolóxico, representación de procesos, modelos ou sistemas que conforman un conglomerado maior ou suprasistema, que pretende a análise de interacción deles, a fin de manter unha relación flexíbel que lles permita cumprir a súa función particular e coadxuvar para cumprir a función do suprasistema.
Estatística
Matemática
Medicina
  • Modelo biopsicosocial, modelo ou enfoque participativo de saúde e enfermidade que postula que o factor biolóxico, o psicolóxico e os factores sociais desempeñan un papel significativo da actividade humana no contexto dunha enfermidade ou discapacidade.
  • Modelo de diátese-estrés, teoría psicolóxica que explica a conduta como un resultado tanto de factores biolóxicos e xenéticos, como de experiencias vitais.
  • Modelo social no ámbito da discapacidade, modelo que propón os factores últimos que definen quen ten unha discapacidade e quen non en cada sociedade concreta.
Moda
  • Modelo, persoa que viste unha peza de roupa, ou accesorios, co fin de exhibila a terceiros.
Química-física
  • Modelo atómico, representación estrutural dun átomo, que trata de explicar o seu comportamento e propiedades. Ao longo do tempo existiron varios modelos atómicos, algúns máis elaborados que outros:
  • Modelo atómico de Demócrito, o primeiro modelo atómico, postulado polo filósofo grego Demócrito;
  • Modelo atómico de Dalton, xurdido no contexto da química, o primeiro con bases científicas, debido a John Dalton;
  • Modelo atómico de Thomson, ou modelo do pudin, onde os electróns son como as "froitas" dentro dunha "masa" positiva;
  • Modelo do átomo cúbico de Lewis, onde os electróns están dispostos segundo os vértices dun cubo, que explica a teoría da valencia atómica;
  • Modelo atómico de Rutherford, o primeiro que distingue entre o núcleo central e unha nube de electróns ao seu redor;
  • Modelo atómico de Bohr, un modelo cuantizado do átomo, con electróns xirando en órbitas circulares;
  • Modelo atómico de Sommerfeld, unha versión relativista do modelo de Rutherford-Bohr;
  • Modelo atómico de Schrödinger, un modelo cuántico non relativista onde os electróns considéranse ondas de materia.
Sistemas de información
  • Modelo de compoñentes CORBA
  • Modelo de datos, descrición de como se representan os datos, sexa nunha empresa, nun sistema de información ou nun sistema de xestión de bases de datos.
  • Modelo de obxectos do documento ou modelo en obxectos para a representación de documentos (en inglés, Document Object Model ou DOM) é esencialmente unha interface de programación de aplicacións (API) que proporciona un conxunto estándar de obxectos para representar documentos HTML e XML.
  • Modelo relacional, modelo de datos baseado na lóxica de primeira orde e na teoría de conxuntos para a xestión dunha base de datos.
  • Modelo entidade-relación, ferramenta para o modelado de datos dun sistema de información.
Lugares
Ademais
  • Grupo Modelo, cervexería mexicana.
  • Modelo de ensinanza.
  • Modelo OSI.
  • Modelo de documento é un documento sen contido, con só unha presentación visual (apenas cabezallos, por exemplo) e instrucións sobre onde cada tipo de contido debe entrar a cada parte da presentación.
  • Modelos de páxina ou Web templates (en inglés), instrumentos utilizados para separar a presentación do contido nunha web, e para a produción masiva de documentos web.