Moncelos, Abadín
Moncelos | |
---|---|
Igrexa de Moncelos. | |
Concello | Abadín[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°17′01″N 7°29′30″O / 43.28351928, -7.49171151 |
Área | 6,8 km² |
Poboación | 191 hab. (2019) |
Densidade | 28,09 hab./km² |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Moncelos é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Segundo o IGE en 2014 tiña 185 habitantes (87 homes e 98 mulleres), 61 menos ca en 2004.
Xeografía
Limita ao norte coas parroquias de Baroncelle e Corvite; ao sur coas Goás; ao leste coa Graña de Vilarente e Vilarente e ao oeste con Árbol (no concello de Vilalba).
Pertence ao arciprestado de Baroncelle e está composta por 10 entidades de poboación e 9 lugares, cunha densidade de 36'2 hab./km². As entidades son A Cañoteira (1), A Casavella (7), Moar (20), Redemuíños (6), Ribela (18), Os Tarraxís (39), O Valado (23), As Veiguiñas (11), Xubín (29) e Zoñán (31). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son O Alto, Carba, As Cargas, O Carragal, O Fermín, O Formigueiro, A Furada, As Golpilleiras e Sinde. O lugar de maior altitude é Argán (585 m).
Patrimonio
- A igrexa parroquial de Santiago de Moncelos,[2] situada na aldea dos Tarraxís, ao igual que o cruceiro da mesma aldea, está situada sobor dun antigo castro. Construída no século XVI, sufriu profundas transformacións e engadidos posteriores. De planta rectangular, consta dunha nave con capelas laterais e capela maior, a carón da cal se encontra a sancristía. A nave e a capela maior están cubertas de cachotaría de lousa a dúas e tres augas respectivamente. Diante da fachada hai un pórtico e sobre o muro do mesmo, unha espadana dun corpo con dous vans a que se accede por unha torreta circular adusada, na que se encerra unha escaleira de caracol. A porta principal esta adintelada. No interior destacan o arco triunfal de medio punto e os arcos das capelas laterais. Púlpito con base de pedra pintada, o rústico pavimento de lastras e o interesante retablo maior barroco do século XVIII, procedente da igrexa do mosteiro de Meira, ademais do retablo lateral plateresco popular do século XVII.
Cruceiros
Un cruceiro en granito de cruz coa figura de Cristo crucificado, coa presenza dunha cabeza aos seus pés, e a Virxe Inmaculada no reverso; capitel de estilo xónico con volutas nas esquinas, e fuste cos atributos da Paixón (cravos, martelo, tenaces, escaleira e lanza); a base, de forma cúbica, conten unha inscrición coa data do 1867.
No Carragal hai outro cruceiro de granito, con cruz florenzada coa figura de Cristo e unha figura máis pequena aos seus pés no anverso, e a figura da Piedade no reverso; capitel con anxos aos lados e volutas nas esquinas, fuste poligonal cunha figura e os instrumentos da Paixón; apóiase directamente sobre unha base tronco-piramidal. Non ten inscrición nin data.
No Valado hai outro cruceiro realizado en granito. Coa cruz florenzada con Cristo no anverso; capitel sinxelo con arestas; fuste poligonal con atributos da Paixón: lanza, cravos, martelo, tenaces e escaleira; con base cúbica sen inscricións.
Cóntase que había un lugar en Moncelos chamado Fromariz[3] no que se producían aparicións fantásticas, como unha vaca con sete becerros, unha cocha con oito bacoriños ou gatos que se enleaban nas pernas dos transeúntes. Ó final, para acabar con este encanto chantaron un cruceiro, e desde aquela xa non se aparece nada.[4]
Galería de imaxes
-
Detalle da igrexa.
-
Detalle da igrexa.
-
Detalle da igrexa.
-
Vista posterior da igrexa.
-
Contorno da igrexa.
-
Escola.
-
Cemiterio.
-
Detalle do cemiterio.
-
Cemiterio civil.
-
Cemiterio civil.
Lugares e parroquias
Lugares de Moncelos
Lugares da parroquia de Moncelos no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
O Alto | A Cañoteira | Carba | As Cargas | O Carragal | A Casavella | O Fermín | O Formigueiro | A Furada | As Golpilleiras | Moar | Redemuíños | Ribela | Sinde | Os Tarraxís | O Valado | As Veiguiñas | Xubín | Zoñán |
Parroquias de Abadín
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Igrexa de Santiago de Moncelos na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Non consta a existencia de tal lugar no Nomenclátor.
- ↑ "O cruceiro de Fromariz". Galicia Encantada (en castelán).