Monte Faro
Tipo | montaña Zona de especial conservación espazo natural protexido Zonas de especial protección dos valores naturais ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Europa ![]() | |||
División administrativa | Chantada, España, Rodeiro, España e Carballedo, España ![]() | |||
| ||||
Cordilleira | Dorsal galega ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 1.181 m ![]() | |||
Superficie | 2.999,36423 ha ![]() | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | ![]() ![]() | |||
Área protexida da rede Natura 2000 | ||||
Identificador | ![]() ![]() | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | decembro de 2004 ![]() | |||
O monte Faro, ou Monte do Faro, é, con 1187 metros, o pico máis alto da serra do Faro e un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC). O monte marca o límite de separación natural entre os concellos de Chantada e Rodeiro e dende el poden divisarse as catro provincias galegas.[1]
Flora e fauna
Flora
No espazo hai zonas con queirogais secos e vexetación de trebeiras e brañas como gramías de ciclo anual. Os prados están en solos calcáreos, de arxilas ou turbosos. Os bosques son polo xeral de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior e carballeiras de Quercus robur e Quercus pyrenaica.[1]
Fauna
As especies en risco presentes no espazo natural son o invertebrado Lucanus cervus, o anfibio Discoglossus galganoi, os réptiles Chioglossa lusitanica e Lacerta schreiberi, e os mamíferos Barbastella barbastellus, Lutra lutra, Myotis myotis, Rhinolophus ferrumequinum, Rhinolophus hipposideros.[1]
Patrimonio
Etnografía
Romarías
Preto da cima nunha especie de chaira atópase o santuario da Nosa Señora do Faro. Hai dúas Romarías do Faro, a primeira celébrase o día 15 de agosto e, a segunda e principal, o 8 de setembro. Consérvanse dúas imaxes da Virxe do Faro, unha permanece sempre no santuario e a outra na igrexa de Requeixo. Segundo os veciños esta segunda virxe que ten o manto de Inmaculada de cor branca é "filla" da primeira. Esta sobe en procesión o día 7 a visitar a "nai" e o día 9 volve a baixar.
Ata o santuario achéganse veciños de toda a comarca movidos pola fe na Virxe de Faro. Os romeiros que se ofrecen soben de xeonllos por unha pendente chamada costa das cruces para pedirlle favores a Nosa Señora do Faro considerada unha das máis milagreiras[2]. Tamén a tradición leva os devotos a non marchar sen levar ou beber auga da fonte milagreira.
Galería de imaxes
-
Ermida de Nosa Señora do Faro en Chantada.
-
Altar fóra da ermida de Nosa Señora do Faro en Chantada.
-
Cruceiro.
-
Parque eólico no Monte Faro.
-
Vista da comarca de Chantada desde o Monte Faro.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Monte Faro".
- ↑ Faro de Vigo, eds. (9 de setembro de 2010). "A costa da devoción".