Montpellier HB
Nome do club | Montpellier Agglomération Handball | ||
Fundado | 1982 | ||
Pavillón | Palais des sports René Bougnol, Montpellier | ||
Capacidade | 3.000 | ||
Presidente | |||
Adestrador | Patrice Canayer | ||
Liga | Championnat de France | ||
2009-2010 | 1º | ||
Vestimenta |
|
O Montpellier Agglomération Handball é un equipo de balonmán da cidade de Montpellier, Francia. Actualmente milita na Championnat de France de handball, a máxima categoría do balonmán francés, categoría á que ascendeu en 1991 e que gañou en 11 ocasións. Nos últimos anos converteuse nun dos grandes dominadores deste deporte en Francia ao conseguir 11 Ligas, 9 Copas e 5 Copas da Liga.
A nivel internacional, o título máis importante conseguido polo club foi a Copa de Europa do 2003 tras derrotar na final ao Portland San Antonio de Pamplona, converténdose no único equipo francés que conseguiu gañar esta competición.
Historia
O club foi fundado en 1982 baixo o nome de Cosmos Montpellier. O equipo foi ascendendo de ano en ano, pasando de xogar na División Departamental ata acadar a Nationale 3 na tempada 1986-87. Ese ano o club troca o seu nome polo de Montpellier La Paillade Sport Club e gaña o campionato da Natinale 3.
En 1989 proclamouse campión da Nationale 2 e venceu no Trofeo de Francia. Ese mesmo ano foi rebautizado co seu nome actual. Co novo nome pasa tres tempadas na Nationale 2. En 1991, Patrice Canayer, é nomeado adestrador do equipo, conseguindo o campionato da Nationale 2, o que lle permitiu ao equipo disputar a promoción de ascenso á 1ª División. Esta rápida progresión debeuse á estruturación rápida do seu presidente Jean-Paul Lacombe.
Os resultados encadeáronse moi rapidamente dende a tempada 1993-94. Coa primeira participación na Copa de Europa e a primeira Liga francesa, conseguida nos últimos segundos do último partido fronte ao OM Vitrolles na tempada 1994-95.
Dende a tempada 1997-98 á 2004-05, o Montpellier HB conseguiu sete das oito ligas disputadas e foi subcampión na 2000-01. Durante o mesmo período, conquistou seis veces a Copa de Francia, e como punto culminante conquistou a Copa de Europa en 2003, tras bater na final ao Portland San Antonio de Pamplona, co seu xogador estrela Jackson Richardson, nunha polémica final. Tamén conseguiu gañar en dúas ocasións a Liga dos Pireneos (2002 e 2004) tras derrotar nas dúas ocasións ao FC Barcelona.
Palmarés
- 1 Copa de Europa: 2003.
- 2 Ligas dos Pireneos: 2002 e 2004.
- 12 Ligas: 1995, 1998, 1999, 2000, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2008, 2009 e 2010.
- 10 Copas de Francia: 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2005, 2006, 2008, 2009 e 2010.
- 6 Copas da Liga: 2004, 2005, 2006, 2007, 2008 e 2010.
Cadro de xogadores da tempada 2010-2011
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Web oficial do Montpellier HB
- Web dos seareiros do Montpellier HB Arquivado 09 de outubro de 2011 en Wayback Machine.