Monumento aos heroes de Ponte Sampaio
Monumento aos heroes de Ponte Sampaio | |
---|---|
O monumento na praza de España | |
Presentación | |
Localización | Pontevedra |
Dirección | Praza da España |
Estrutura | pedra e bronce |
Estilo | Escultura conmemorativa |
Tipo | Grupo escultórico |
Construción | |
Inicio | 9 de febreiro de 1909 |
Data da construción | 1911 |
Remate | 27 de agosto de 1911 |
Dimensións | |
Altura | 8 m |
Equipo | |
Escultor | Julio González Pola |
O Monumento aos Heroes de Ponte Sampaio é un conxunto escultórico conmemorativo creado polo escultor Julio González Pola, situado en Pontevedra.[1]
Atópase nos xardíns da praza de España e foi inaugurado o 27 de agosto de 1911. O monumento conmemora o valor do pobo pontevedrés liderado polo oficial Pablo Morillo e o seu triunfo sobre as tropas napoleónicas do mariscal Michel Ney, liberando a Pontevedra da ocupación do exército francés os días 7 e 8 de xuño de 1809.[2]
Historia
O parlamentario galego Eduardo Vincenti Reguera e o Centro Galego de Madrid foron os principais artífices da creación do monumento.[3] O 9 de febreiro de 1909, o Concello de Pontevedra acordou conceder unha subvención de 500 pesetas e, posteriormente, autorizou a achega da pedra de granito que soporta as figuras. Esta iniciativa foi apoiada tamén por Javier Puig Llamas, alcalde de Pontevedra nese momento, e Eugenio Montero Ríos, presidente do Senado. Todas estas autoridades pronunciaron discursos na inauguración do monumento o 27 de agosto de 1911.[4]
O goberno do rei Afonso XIII, que doou o bronce necesario para a escultura, concedeu tamén unha medalla conmemorativa da batalla de Ponte Sampaio. A contribución de moitos particulares ao financiamento do monumento tamén quedou testemuñada.[5]
A estatua estaba rodeada por unha fonte monumental construída en 1983, que foi desmontada en 2009 para devolver ao monumento e os seus arredores o seu deseño espacial orixinal.[6][7]
Descrición
Este grupo escultórico pertence ao movemento de escultura conmemorativa española de principios do século XX.
O conxunto ten oito metros de altura. Consta de varias figuras de bronce sobre un pedestal de granito que representan a un grupo de campesiños, soldados e estudantes encabezados polo oficial Pablo Morillo, sostendo unha bandeira nos momentos finais da batalla.[8]
Na parte central do monumento, unha figura feminina (que representa a Galicia e á patria) apoia a súa man nun escudo coas armas de España e estende o seu brazo para convidar ó combate. Na parte superior, a figura do oficial Pablo Morillo anima a loitar coa espada. Xunto a el hai un campesiño, un estudante, un soldado e outro combatente ferido que representan a resistencia do pobo contra o invasor. Detrás deles está a bandeira e xunto a ela un canón.[9]
Nas esquinas da parte inferior do monumento atópanse os catro escudos das provincias galegas. A construción central de granito simboliza un dos piares da ponte de Ponte Sampaio, onde tivo lugar a maior parte da batalla e que foi destruída tras a mesma.[10]
No reverso, o corpo central de granito leva a seguinte inscrición en letras de bronce :
E debaixo :
No lado dereito hai outra inscrición tallada na pedra que di:
|
Na esquina esquerda do conxunto, figura a seguinte inscrición:
|
Relevancia
O catedrático de historia da arte da Universidade Complutense de Madrid Francisco José Portela Sandoval considerouno un dos monumentos máis logrados da época pola súa composición e reprodución fiel do acontecemento que pretende inmortalizar.[11]
Galería
Notas
- ↑ "La Guerra de la Independencia calle a calle en Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). 3 de decembro de 2017.
- ↑ "La batalla del puente Sampayo, cuando España aplastó a Napoleón en Galicia". ABC (en castelán). 3 de xuño de 2014.
- ↑ "La Guerra de la Independencia calle a calle en Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). 3 de decembro de 2017.
- ↑ "El eterno monumento a los 'Héroes de Pontesampaio'". Diario de Pontevedra (en castelán). 2 de outubro de 2022.
- ↑ "El monumento a los héroes de Ponte Sampaio, un símbolo centenario". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xuño de 2009.
- ↑ "La fuente luminosa de la Alameda ya es historia". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xuño de 2010.
- ↑ "Inauguración de la fuente luminosa de la Alameda". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de abril de 2018.
- ↑ "El monumento dedicado a los héroes de Ponte Sampaio cumple cien años". Diario de Pontevedra (en castelán). 24 de agosto 2011.
- ↑ "El monumento dedicado a los héroes de Ponte Sampaio cumple cien años". Diario de Pontevedra (en castelán). 24 de agosto 2011.
- ↑ "La batalla del puente Sampayo, cuando España aplastó a Napoleón en Galicia". ABC (en castelán). 3 de xuño de 2014.
- ↑ Julio González Pola y la escultura conmemorativa española en los albores del siglo XX. p. 267-279.
Véxase tamén
Bibliografía
- Gallego Esperanza, Mª de las Mercedes (1996). La Escultura Pública en Pontevedra (en castelán). Pontevedra: Deputación de Pontevedra. ISBN 9788488363350.
- Portela Sandoval, José (1985). "Julio González Pola y la escultura conmemorativa española en los albores del siglo XX". Boletín del Museo de Pontevedra (Museo de Pontevedra). ISSN 0210-7791.
- Taboada, Roberto; Hermida, Arturo (2009). O monumento ós héroes de Pontesampaio e o seu contorno. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-330-2.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Monumento aos heroes de Ponte Sampaio na web Galicia Máxica