Morgan Robertson
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1861 ![]() Oswego, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 24 de marzo de 1915 ![]() Atlantic City, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | sobredose ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Green-Wood ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura, novela e conto ![]() |
Ocupación | inventor, escritor de ciencia ficción, escritor, novelista, escritor de contos ![]() |
Período de actividade | 1894 ![]() ![]() |
Xénero artístico | Conto ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Morgan Robertson nado o 30 de setembro de 1861 e finado en Nova Jersey o 24 de marzo de 1915, foi un escritor estadounidense de pequenos relatos e novelas, amais de estar considerado como o posible inventor do periscopio.
Traxectoria
É coñecido por ser o autor da novela O afundimento do Titán, publicada en 1898. A historia mostra a un barco de pasaxeiros inglés o Titan, do que se dicía que era insomerxible, polo que levaba poucos botes salvavidas. Nunha viaxe no mes de abril, o Titan choca contra un iceberg e afunde no océano Atlántico norte coa perda da maioría da pasaxe.
As semellanzas entre o afundimento do Titan e o afundimento do RMS Titanic en 1912 atraen aínda hoxe a atención aínda que haxa algunhas diferenzas: por exemplo, o Titan afunde case ó momento de chocar mentres que o Titanic tarda case tres horas.
En 1905, o libro de Robertson titulado The Submarine Destroyer saíu á venda. Describía como un submarino que empregaba un obxecto chamado periscopio. Malia coas reclamacións por parte de Roberson de ter inventado o prototipo de periscopio, Lake e Grubbs perfeccionárono empregándoo no U.S Navy no ano 1902, 3 anos antes da novela de Robertson.
O 24 de marzo de 1915, Morgan Robertson foi atopado morto no Hotel Alamac de Atlantic City en Nova Jersey.