Nódulo
Os termos nódulo e o seu plural nódulos teñen diversos significados en botánica, xeoloxía, medicina e fisioloxía. En certos eidos, os termos nodosidade, nó/nós e nodo/nodos poden ser sinónimos.
Botánica
- Nódulo, grupo de bacterias fixadoras de nitróxeno nas raíces das leguminosas.
Xeoloxía
- Nódulo, concreción contida nalgunhas rochas ou que se formou no fondo do mar.
- Nódulo polimetálico, estrutura xeolóxica.
Medicina
- Nódulo, grupo de células.
- Nó auriculoventricular ou nó de Aschoff-Tawara, situado na aurícula dereita do corazón.
- Nó de Virchow, unha adenopatía supraclavicular esquerda.
- Nódulo nas cordas vocais (cordite tuberosa), hiperqueratose simétrica do seu tecido que afecta á voz.
- Nódulo linfático, sinónimo de ganglio linfático.
- Nó sinusal ou de Keith e Flack, situado na aurícula dereita do corazón.