Nacionalismo lezguio
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3f/Lezgian_flag.svg/220px-Lezgian_flag.svg.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/81/Idioma_lezgin.png/220px-Idioma_lezgin.png)
O nacionalismo lezguio é un movemento político nacionalista que afirma que os lezguios son unha nación e defende a unidade do pobo lezguio, no presente dividido entre Rusia e Azerbaidján. O nacionalismo lezguio ten connotacións irredentistas e persegue a creación do Lezguistán, unha entidade política unificada creada nas áreas de maioría lezguia que se atopan na fronteira entre a república de Daguestán (en Rusia)[1] e Azerbaidján.
Historia
En xullo de 1990 creouse o Movemento Nacional Lezguio, "Sadval" (Unidade), na cidade de Derbent (Daguestán, daquela pertencente á Unión Soviética).[2] O movemento pedía a unificación do pobo lezguio porque se lles "negou a oportunidade de desenvolver a súa cultura" baixo o dominio soviético.
Sadval non atopou apoio en Azerbaidján, e ademais, foi acusado do atentado con bomba do 19 de marzo de 1994 no metro de Bakú durante o cal morreron 27 persoas.[3] Existe evidencia de que o Servizo Secreto de Armenia participou na creación de Sadval, achegando financiamento, adestramento e armamento aos seus militantes.[4]
Notas
- ↑ Markedonov, Sergey (2010). Radical Islam in the North Caucasus. Center for Strategic and International Studies. p. 2. ISBN 0892066148.
- ↑ Minorities at Risk Project, Chronology for Lezgins in Russia, 2004 (consultado o 21 de setembro de 2011)
- ↑ "Acts of terrorism in Metro in other countries". Pravda. Arquivado dende o orixinal o 2010-08-14. Consultado o 2010-03-29.
- ↑ Coene, Frederik (2009). The Caucasus: an introduction. Taylor & Francis. p. 161. ISBN 0415486602.