Najat el Hachmi
Najat el Hachmi | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1979 |
Lugar de nacemento | Nador |
Nacionalidade | España |
Etnia | Afro-Catalan |
Alma máter | Universidade de Barcelona |
Ocupación | novelista e escritora |
Premios | Premio Ramón Llull das letras catalás, Premio Sant Joan de narrativa, Premio Cidade de Barcelona de literatura en lingua catalá e Premio Nadal |
Na rede | |
http://www.najatelhachmi.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Najat el Hachmi, nada en Nador (Marrocos) o 2 de xullo de 1979, é unha escritora española de orixe marroquí e colaboradora en diversos medios de comunicación.
Traxectoria
Naceu na cidade marroquí de Nador e ao oito anos trasladouse a Vic onde residía o seu pai, que emigrou a Cataluña antes de que ela nacese. En Vic creceu e realizou a súa formación académica até chegar á Universidade de Barcelona onde estudou filoloxía árabe.[1]
Tamén tivo diversas ocupacións: empregada da limpeza, cociñeira, monitora de deportes e mediadora da Delegación de Ensino de Vic onde traballaba cando presentou en 2004 o seu primeiro libro: Eu tamén son catalá[2]. Escrito en catalán e posteriormente traducido ao castelán, trátase dun texto autobiográfrico no que abordou en profundidade a súa experiencia como inmigrante, a cuestión da identidade e o seu proceso de arraigamento en Cataluña, a lingua, a relixión, as mulleres, o sentimento de perda cara a Marrocos e a súa relación co país de adopción.
O éxito chegoulle en 2008 con El último patriarca que recibiu o Premio Ramon Llull, o Prix Ulysse á primeira novela 2009 e foi finalista do Prix Méditerranée Étranger 2009. No libro a autora axusta contas co machismo e a violencia dos xefes de familia ancorados no conservadorismo e a tradición por encima de todo, en contraposición coa historia da súa filla, moza que busca a liberdade desprendéndose dun legado social que non elixiu.[3] O libro foi traducido a numerosas linguas, entre elas o inglés, francés, italiano, portugués, turco, romanés e árabe.[4]
En outubro de 2012 asinou, xunto cun centenar de profesionais, un manifesto a favor do federalismo en Cataluña e en 2015 apoiou á confluencia de esquerdas Catalunya Sí que es Pot.[5][6]
En 2015 publicou La hija extranjera coa que logrou o Premio Sant Joan de novela, o terceiro galardón literario mellor dotado en catalán e cuxo argumento se centra no conflito de identidades entre unha nai e unha filla.[7]
En 2021 gañou o premio Nadal, coa novela El lunes nos querrán.[8][9]
Publicacións
- 2004 Eu tamén son catalá. Jo també sóc catalá. Editorial Columna. ISBN 84-664-0424-4
- 2008 O último patriarca. L'últim patriarca. Editorial Planeta. ISBN 978-84-9708-185-6
- 2008 L'home que nedava, relato na recompilación O llibre da Marató. Vuit relats contra lles malalties mentals greus. Editorial Columna. ISBN 9788466409643
- 2011 La cazadora de cuerpos Planeta ISBN 9788408098775 La caçadora de cossos.
- 2015 La hija extranjera. Planeta ISBN 9788423349968 - La filla estrangera. Editorial 62. ISBN 978-84-297-7468-9
- 2018, Madre de leche y miel. Ediciones Destino.
- 2019, Siempre han hablado por nosotras. Ediciones Destino. ISBN 9788423356041.
- 2023, Mère de lait et de miel édition Verdier. ISBN 2378561598.
Notas
- ↑ "Najat El Hachmi". CCCB (en castelán). Consultado o 2021-01-07.
- ↑ "Presentació de "Jo també sóc catalana" a La Tralla" (en catalán). Consultado o 6 de agosto de 2016.
- ↑ País, Ediciones El (2 de febrero de 2008). "Entrevista | "He intentado alejarme de unos orígenes que duelen"" (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2016.
- ↑ "Najat El Hachmi | Planeta de Libros" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016. Consultado o 6 de agosto de 2016.
- ↑ "Un centenar de professionals d'esquerres signen pel federalisme i contra la independència". Consultado o 6 de agosto de 2016.
- ↑ "Catalunya Sí que es Pot s'erigeix en "alternativa" al "model d'Artur Mas"". Consultado o 6 de agosto de 2016.
- ↑ BARCELONA, ERNEST ALÓS / (16 de junio de 2015). "Najat el Hachmi, premio BBVA Sant Joan de novela". Consultado o 6 de agosto de 2016.
- ↑ "Najat El Hachmi gana el premio Nadal" (en castelán). 2021-01-06. Consultado o 2021-01-06.
- ↑ Geli, Carles (2021-01-06). "La novela comprometida y feminista de Najat el Hachmi gana el premio Nadal". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2021-01-06.