Natalie Clifford Barney

Natalie Clifford Barney
Nacemento31 de outubro de 1876
Lugar de nacementoDayton
Falecemento2 de febreiro de 1972 (95 anos)
Lugar de falecemento1.º arrondissement de Paris
Soterradacemiterio de Passy
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióndramaturga, poeta, escritora, salonnière e novelista
PaiAlbert Clifford Barney
NaiAlice Pike Barney
CónxuxeDorothy Wilde, Olive Custance, Renée Vivien e Élisabeth de Clermont-Tonnerre
IrmánsLaura Dreyfus Barney
Coñecida porQuelques Portraits-Sonnets de Femmes
Na rede
Musicbrainz: 8e6199ab-daf0-4d46-a5fc-6997b38fb315 WikiTree: Barney-1225 Find a Grave: 7157 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Natalie Clifford Barney, nada en Dayton (Ohio) o 31 de outubro de 1876 e finada en París o 2 de febreiro de 1972, foi unha escritora americana en lingua francesa.

Traxectoria

Nada no seo dunha familia de clase alta de Washington, pasou a súa infancia nunha granxa preto de Cincinnati. Barney chegou a París en 1900, levou un salón literario en París a partir de 1909, por onde pasou case a totalidade da intelectualidade francesa de comezos do século XX. Durante a primeira guerra mundial foi unha das organizadoras dun Congreso de Mulleres Pacifistas. Entre 1940 e 1946 viviu en Florencia.

Abertamente lesbiana, interesouse polos poemas de Safo e tentou recrear unha escola de poetisas como a que Safo tiña en Mitilene. Entre as súas amantes estiveron a poetisa Renee Vivien, a bailarina Liane de Pougy e a pintora Romaine Brooks.

A vida de Barney serviu de inspiración para moitos escritores e aparece retratada en novelas como Idylle saphique de Liane de Pougny, Claudine s'en va de Colette ou L'Ange et les perver de Lucie Delarue Mardrus

Obras

  • Quelques Portraits-Sonnets de Femmes, 1900
  • Cinq Petits Dialogues Grecs, 1901 (ilustrado pola súa nai)
  • Actes et entr'actes (París: Sansot, 1910)
  • Je me souviens (París: Sansot, 1910)
  • Èparpillements (París: Sansot, 1910)
  • Poems & Poemes: Autres Alliances (París: Emile Paul, Nova York: Doran, 1920)
  • Pensees d'une Amazone (París: Emile Paul, 1920)
  • Aventures de l'Esprit (París: Emile Paul, 1929)
  • Nouvelles Pensees de l'Amazone (París: Mercure de France, 1939)
  • Souvenirs Indiscrets (París: Flammarion, 1960)
  • Traits et Portraits (París: Mercure de France, 1963)