Nichiren
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (ja) 日蓮 ![]() |
---|---|
Nome póstumo | 日蓮大菩薩, 立正大師 e 上行菩薩 ![]() |
Biografía | |
Nacemento | 16 de febreiro de 1222 ![]() Tanjō-ji (Shogunato Kamakura) ![]() |
Morte | 14 de novembro de 1282 ![]() Ikegami (Shogunato Kamakura) ![]() |
Causa da morte | doenza gastrointestinal ![]() |
Relixión | Budismo nichiren ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía ![]() |
Ocupación | bhikkhu, mestre, escritor, filósofo ![]() |
Alumnos | Toki Jōnin, Nisshō, Nichirō, Nikkō, Nikō, Nitchō, Nichiji, Yorimoto Shijō, Ikegami Munenaka, Nanbu Sanenaga e Q17213579 ![]() ![]() |
Pseudónimo literario | 善日麿 薬王麿 是聖房蓮長 ![]() |
Deporte | Go ![]() |
Participou en | |
Catro Grandes Persecucións de Nichiren ![]() |
|
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parentes | Soya Kyōshin, curmán entregue ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() |
Nichiren (en xaponés: 日蓮), nado o 16 de febreiro de 1222 e finado o 13 de outubro de 1282, foi un monxe budista e filósofo xaponés do período Kamakura. As súas ensinanzas conforman a base do budismo nichiren, unha rama do mahayana.
Nichiren afirmou que o Sutra do loto contén a verdade suprema necesaria para a terceira idade do budismo, polo que o soberano do Xapón e o seu pobo debería defender só esta forma do budismo e erradicar calquera outra.[1] Tamén defendeu que declamar repetidamente o título nipón deste texto, Nam(u)-myoho-renge-kyo, era o único camiño para alcanzar a budeidade; neste sentido, para Nichiren o buda shakyamuni e o resto de deidades budistas non eran máis que extraordinarias manifestacións dunha natureza de buda chamada myoho-renge, que era accesible tamén para todo o mundo. Así mesmo, declarou que os seguidores do sutra debería propagalo aínda cando fosen perseguidos.[2]
Foi un escritor prolífico e a súa vida e temperamento, así como a evolución das súas crenzas, pode apreciarse a partir dos seus escritos.[3] Afirmou ser a reencarnación do bodhisattva Jōgyō, e designou seis discípulos principais, aínda que existen dúbidas sobre a súa sucesión. Tras o seu pasamento, recibiu o título de Nichiren dai-bosatsu (en xaponés: 日蓮大菩薩; lit. "Gran bodhisattva Nichiren") por parte do emperador Go-Kōgon en 1358,[4] así como o de Risshō-daishi (en xaponés: 立正大師; lit. "Gran Mestre da Corrección") en 1922, mediante un edicto do emperador Taishō.[5]
Na actualidade, o budismo nichiren inclúe as escolas-templo tradicionais, como a das seitas Nichiren-shu e Nichiren Shōshū, e movementos laicos como o Soka Gakkai, o Risshō Kōsei Kai, o Reiyūkai, o Kenshōkai, o Honmon Butsuryū-shū, o Kempon Hokke ou o Shōshinkai, entre moitos outros. Cada un destes grupos interpreta as ensinanzas de Nichiren de diferentes modos, e moitos afirman que Nichiren foi a reencarnación do bodhisattva Jōgyō ou, incluso, o buda primordial ou auténtico buda (en xaponés: 本仏, Honbutsu) da terceira idade do budismo.[6]
Notas
- ↑ Earhart 2013, p. 281.
- ↑ Rodd 1995, p. 327.
- ↑ Iida 1987.
- ↑ Matsunaga & Matsunaga 1974, p. 156.
- ↑ Eliot 1935, p. 421.
- ↑ Neusner 2009, p. 225.
Véxase tamén
Bibliografía
- Earhart, H. Byron (2013). "Value Creation Society (Sōka Gakkai)". En Huffman, James L. Modern Japan: An Encyclopedia of History, Culture, and Nationalism (en inglés). Routledge. ISBN 978-1-135-63490-2.
- Eliot, Charles (1935). Sansom, George Bailey, ed. Japanese Buddhism, 1862-1931 (en inglés). Curzon Press. ISBN 0-7007-0263-6.
- Iida, Shotara (1987). "Nichiren 700 years later". En Nicholls, W. Modernity and Religion (en inglés). Wilfrid Laurier University Press. ISBN 978-0-88920-154-5.
- Matsunaga, Alicia; Matsunaga, Daigan (1974). Foundation of Japanese Buddhism (en inglés). Buddhist Books International. ISBN 0-914910-25-6.
- Neusner, Jacob, ed. (2009). World Religions in America: An Introduction (en inglés). Westminster John Knox Press. ISBN 978-1-61164-047-2.
- Rodd, Laurel Rasplica (1995). "Nichiren". En McGreal, Ian Philip. Great Thinkers of the Eastern World: The Major Thinkers and the Philosophical and Religious Classics of China, India, Japan, Korea, and the World of Islam (en inglés). HarperCollins Publishers. ISBN 0-06-270085-5.