Nicholas Roerich

Modelo:BiografíaNikolai Roerich

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Николай Константинович Рерих Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1874 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte13 de decembro de 1947 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Kulu (Dominio da India) Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo ruso Editar o valor en Wikidata
EducaciónImperial St. Petersburg University (en) Traducir (–1898)
Higher Art School at the Imperial Academy of Arts (en) Traducir (–1897) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, Misticismo, mystical theology (en) Traducir, ocultismo, Escrita creativa e profesional, pintura, arqueoloxía e Agni Yoga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París
Estocolmo
Londres
San Petersburgo
India
Moscova
Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, deseñador, diseñador de vestuario, escenógrafo, artista gráfico, muralista, ilustrador, místico, ocultista, explorador, diplomático, coreógrafo, pintor, historiador, escritor, poeta, arqueólogo, viaxeiro Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoArte de paisaxes, alegoría, arte de xénero, arte marinha (pt) Traducir, pintura mitolóxica e arte sacra Editar o valor en Wikidata
ProfesoresArkhip Kuindzhi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosMarc Chagall, Pavel Golubyatnikov (pt) Traducir e Q118533880 Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioRerich, Nikolaj Konstantinovič
Roehrich, Nikolay Konstantinovich
Roerich, Nicolas
Roerich, Nikolaĭ Konstantinovich
Rerikh, Nikolaĭ
Rerih, Nikolaj Konstantinovic
Rerikh, N. K.
Roerich, Nikolaj Konstantinovic Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHelena Roerich Editar o valor en Wikidata
FillosGeorge de Roerich, Svetoslav Rjorich Editar o valor en Wikidata
PaisKonstantin Roerich Editar o valor en Wikidata  e Maria Vasiljevna Rerich Editar o valor en Wikidata
IrmánsBoris Konstantinovič Rerich
Vladimir Roerich Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Sitio webroerich-museum.ru Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1072455 Musicbrainz: a04ec394-b65c-40b9-bc8a-2ad2b8def276 Find a Grave: 105420902 Editar o valor en Wikidata

Nikolai Konstantinovich Rerikh (ruso: Никола́й Константи́нович Ре́рих), tamén coñecido como Nikolai Roerich e Nicholas Roerich, nado en San Petersburgo o 9 de outubro de 1874 e finado en Naggar (India) o 13 de decembro de 1947, foi un pintor, escritor, arqueólogo, teósofo e filósofo ruso, que na súa mocidade foi influído por un movemento na sociedade rusa arredor do espiritual. Interesouse pola hipnose e outras prácticas espirituais e dise que as súas pintoras teñen expresións hiptónicas.[1][2]

Fillo dun notario público de orixe báltica xermana e de nai rusa,[3] viviu en varios lugares do mundo ata a súa morte en Naggar,[4] Himachal Pradesh, India. Formouse como artista e avogado, mais os seus principais intereses foron a literatura, a filosofía, a arqueoloxía e especialmente a arte. Roerich foi un activista na causa da conservación da arte e da arquitectura en tempos de guerra e foi candidato en varias ocasións ao premio Nobel da Paz.[5] O pacto Roerich foi convertido en lei polos Estados Unidos e moitas outras nacións da Unión Panamericana en abril de 1935.

Legado cultural

Altai. Picos e pasos en honra da familia Roerich.
  • O vicepresidente dos Estados Unidos Henry A. Wallace foi un seguidor e defensor das ensinanzas de Roerich. Wallace foi atraído pola idea da Unión Sagrada do Leste, unha utopía espiritual e xeopolítica que Nikolai e Helena Roerich comtemplaban establecer no corazón de Asia. Baseada en ideas espirituais que os Roerichs dicían que recibiran de mestres doutros mundos, esta utopía mostraba á humanidade un proxecto de sociedade ideal. Como secretario de estado de agricultura, Wallace interesouse no proxecto e decidiu patrocinar a segunda expedición de Roerich a Asia en 1933–1934. Mentres tanto, Helena Roerich carteábasse co presidente Franklin D. Roosevelt, que estaba intrigado polas súas "exaltadas cartas". O proxecto acabou de forma desastrosa e resultou en enérxicos esforzos por Wallace e Roosevelt para cortar as súas ligazóns cos Roerich. O incidente reapareceu en parte máis adiante e provocou controversia cando Wallace se postulou como presidente en 1948 e se publicaron parte da correspondencia por parte do columnista Westbrook Pegler, que foron coñecidas como Guru Letters ("Cartas do gurú").[6]
Planeta menor 4426 Roerich no Sistema Solar
  • O museo Nikolai Roerich de Nova York é a principal institución para a obra artística de Roerich. Numerosas sociedades continúan a promover as súas ensinanzas teosóficas en todo o mundo. As súas pinturas poden verse en varios museos, incluído o departamento Roerich do Museo Estatal de Artes Orientais de Moscova, o museo Roerich no Centro Internacional dos Roerich na mesma cidade, o Museo Estatal Ruso en San Petersburgo, coleccións na galería Tretyakov de Moscova, no Museo de Arte de Novosibirsk, na Galería Nacional de Arte Estranxeira de Sofía, Bulgaria, no Museo de Arte de Nizhny Novgorod, no Museo Nacional de Serbia, no Roerich Hall Estate de Naggar ou na Sree Chitra Art Gallery de Thiruvananthapuram,[7] ademais doutros museos de arte da India e no Museo Nacional de Arte de Letonia.
  • A biografía de Roerich e as súas controvertidas expedicións ao Tíbet e Manchuria foron examinadas por numerosos autores, incluíndo os rusos Vladimir Rosov e Alexandre Andreyev, o estadounidense Andrei Znamenski e o alemán Ernst von Waldenfels.[8]
  • H.P. Lovecraft refírese moitas veces ás "estrañas e perturbadoras pinturas de Nikolai Roerich" no seu relato de terror Nas montañas da loucura.
  • O planeta menor 4426 Roerich foi nomeado por Roerich.
  • En xuño de 2013, durante a semana de arte ruso en Londres, a Madonna Laboris de Roerich foi vendidad nunha poxa na tenda de Bonhams por 7 881 250 de libras, facéndoa a obra de arte rusa máis cara vendida nunha poxa.[9]

Galería

Notas

  1. Nicholas Roerich: In Search of Shambala by Victoria Klimentieva, стр. 31
  2. "Nicholas Roerich Museum". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 10 de marzo de 2019. 
  3. Andrei Znamenski, Red Shambhala: Magic, Prophecy, and Geopolitics in the Heart of Asia, Quest Books (2011), p. 157
  4. "Nicholas Roerich - Russian set designer". Consultado o 14 de xuño de 2016. 
  5. Nobel Prize Nomination Database
  6. "Andrei Znamenski, "Utopian in Power: Henry Wallace, Roerich, and the Sacred Union of the East". .
  7. "Dust throws a blanket over prized paintings". .
  8. Nicholas Roerich: the Messenger of Zvenigorod (vol. 1: The Great Plan, vol. 2: The New Country) (2002–2004) [resumo dos libros en inglés en "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2013. Consultado o 9 de agosto de 2012. ]; Alexandre Andreyev, Gimalaiski mif i ego tvotry [Himalayan Myth and its Makers] (St. Petersburg: St. Petersburg University Press, 2004) (en ruso)]; Andrei Znamenski, Red Shambhala: Magic, Prophesy, and Geopolitics in the Heart of Asia (Quest Books, 2011) fragmento; Ernst von Waldenfels, Nicholas Roerich: Kunst, Macht und Okkultismus (Osburg, 2011)
  9. "Bonhams : Nikolai Konstantinovich Roerich (Russian, 1874-1947) Madonna Laboris". Consultado o 14 de xuño de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas