Nicolai Abraham Abildgaard

Modelo:BiografíaNicolai Abraham Abildgaard

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(da) Nicolai Abraham Abildgaard‎ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Nikolai Abraham Abildgaard Editar o valor en Wikidata
11 de setembro de 1743 Editar o valor en Wikidata
Copenhague, Dinamarca Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xuño de 1809 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Copenhague, Dinamarca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAssistens Kirkegård Editar o valor en Wikidata
EducaciónRoyal Danish Academy of Fine Arts (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, desenhar (pt) Traducir, escultura e arquitectura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Roma (1772–1777)
Copenhague Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, profesor universitario, deseñador de mobles, escultor, deseñador, arquitecto, debuxante Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRoyal Danish Academy of Fine Arts (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosChristoffer Wilhelm Eckersberg, Johan Ludwig Lund, Jens Peter Moeller, Conrad Christian Bí¸hndel (pt) Traducir, Carl Probsthayn (pt) Traducir e Christian Gottlieb Kratzenstein-Stub (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJuliane Marie Abildgaard (1803–) Editar o valor en Wikidata
PaiSøren Abildgaard Editar o valor en Wikidata
IrmánsPeter Christian Abildgaard
Anna Margareta Abildgaard Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Encyclopedic Lexicon (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1171310 Find a Grave: 83169475 Editar o valor en Wikidata

Nicolai Abraham Abildgaard, nado en Copenhaguen en 1743 e finado na mesma cidade en 1809, foi un pintor danés.

Traxectoria

Fillo dun anticuario, estudou pintura na Real Academia Danesa da Arte (Det Kongelige Danske Kunstakademi) con Johan Mandelberg e Johannes Wiedewelt. Como axudante de Mandelberg colaborou na decoración do palacio real de Fredensborg.

Entre 1772 e 1777 fixo unha viaxe de estudos a Roma, onde estudou os frescos de Anibal Carracci e as pinturas de Rafael, Tiziano e Miguelanxo. Ademais entra en contacto co escultor sueco Johan Tobias Sergel e o pintor Johann Heinrich Füssli que exercen unha grande influencia no seu afastamento do clasicismo, aprendido na Academia, e no seu achegamento ás fontes literarias de Shakespeare, Homero e Osian.

De volta a Dinamarca foi nomeado profesor da Academia en 1778. Christoffer Wilhelm Eckersberg e Asmus Jacob Carstens salientaron entre os seus discípulos. En 1780 foi requirido polo goberno danés para pintar pezas históricas que servisen de decoración ao Cuarto dos Cabaleiros (Riddersal) do Palacio de Christiansborg. Esas pinturas non só amosan elementos históricos, senón tamén alegóricos e mitolóxicos (xeroglíficos, símbolos) que reflicten o seu apoio á Revolución francesa, o rei rexeitou o deseño, e finalmente en 1794 foi destruído nun incendio.

Dirixiu a Academia de Copenhaguen de 1789 a 1791 e de 1801 a 1809.

O seu estilo foi clásico, cun fondo romántico. Tiña un remarcable sentido da cor, e unha clara preferencia por temas históricos.

Véxase tamén