Nora Navas
![]() (2020) ![]() | |
Nome orixinal | (ca) Nora Navas Garcia ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de abril de 1975 ![]() Barcelona, España ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación ![]() |
Ocupación | actriz ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Nora Navas Garcia, nada en Barcelona o 24 de abril de 1975, é unha actriz catalá de teatro, televisión e cinema. En 2010 recibiu a Cuncha de Prata no Festival de Cinema de Donostia e o Goya á mellor actriz polo seu papel no filme Pa negre, de Agustí Villaronga.[1]
En outubro de 2016 foi elixida vicepresidenta segunda da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, baixo as presidencias de Yvonne Blake e Mariano Barroso.[2]
Traxectoria
Novas comezou a súa carreira como actriz participando en distintas series da televisión catalá TV3. Tamén é unha das caras máis populares no teatro catalá por formar parte de numerosas montaxes.
En 2010 protagonizou Pa negre de Agustí Villaronga, un drama ambientado na Cataluña rural durante a posguerra española. Polo seu traballo no filme gañou un premios Goya, un premio Gaudí e a Cuncha de Prata.[3][4]
Tras rodar con Antonio Chavarrías e Imanol Uribe, en 2013 protagonizou Tots volem el millor per a ella, de Mar Coll.[1] Este filme proporcionoulle o premio á mellor actriz na Seminci de Valladolid, ademais doutro Gaudí á mellor actriz protagonista e unha candidatura aos Goya.[5][6]
As súas aparicións na televisión foron principalmente en telefilmes da televisión pública catalana entre os que se están Germanes (2012), Carta a Eva (2012), La llum d'Elna (2017) e La catedral del mar, entre outras.[7]
Porén, a maior parte da súa carreira profesional desenvolveuna no teatro participando en montaxes como Les bruixes de Salem, de Arthur Miller dirixida por Andrés Lima;[8] Bodas de sangre, de Federico García Lorca dirixida por Oriol Broggi;[9] Els veïns de dalt, escrita e dirixida por Cesc Gay;[10] e La casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca dirixida por Lluís Pasqual, entre moitas outras.[11]
Filmografía
Cinema
Ano | Título | Dirección |
---|---|---|
2020 | La Vampira de Barcelona | Lluís Daniels |
2020 | Libertad | Clara Roquet |
2020 | Adú | Salvador Calvo |
2019 | Dolor y gloria | Pedro Almodóvar |
2018 | Durante la tormenta | Oriol Paulo |
2018 | Ola de crímenes | Gracia Querejeta |
2017 | Formentera Lady | Pau Durà |
2016 | El ciudadano ilustre | Gastón Duprat e Mariano Cohn |
Rumbos | Manuela Burló Moreno | |
2015 | Felices 140 | Gracia Querejeta |
L'adopció | Daniela Féjerman | |
L'artèria invisible | Pere Vilà Barceló | |
2014 | Tres mentiras | Ana Murugarren |
2013 | Tots volem el millor per a ella | Mar Coll |
2012 | Miel de naranjas | Imanol Uribe |
Dictado | Antonio Chavarrías | |
2010 | Pa negre | Agustí Villaronga |
2006 | Las vidas de Celia | Antonio Chavarrías |
Lo bueno de llorar | Matías Bize | |
2003 | Cualquiera | David Marqués |
1999 | Un banco en el parque | Agustí Vila |
Televisión
Ano | Título | Cadea de televisión | Notas |
---|---|---|---|
2019 | As do hóckey | TV3 e Netflix | 13 episodios |
2018 | La catedral del mar | Antena 3, TV3 e Netflix | Miniserie |
2017 | La luz de Elna | TVE e TV3 | Telefilme |
2014 | El último baile de Carmen Amaya | TV3 | Telefilme |
2013 | Polseres vermelles | TV3 | 1 episodio |
2012 | Carta a Eva | TVE e TV3 | Telefilme |
Germanes | TV3 | Telefilme | |
2011 | Meublé. La casita blanca | TV3 | Telefilme |
El mar de plástico | Canal Sur e TV3 | Telefilme | |
2007 | Trenhotel | TV3 | Telefilme |
2006-2007 | El cor de la ciutat | TV3 | 4 episodios |
2006 | Jet Lag | TV3 | 1 episodio |
2005 | Porca misèria | TV3 | 7 episodios |
Ventdelplà | TV3 | 2 episodios | |
Més que germans | TV3 | Telefilme | |
2000 | Crims | TV3 | 3 episodios |
1993 | I ara què, Xènia? | TV3 | 2 episodios |
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Nora Navas vive su mejor momento profesional gracias Pa Negre". La Vanguardia (en castelán). 2 de marzo de 2012. Consultado o 4 de agosto de 2017.
- ↑ "Yvonne Blake, elegida nueva presidenta de la Academia de Cine". RTVE.es (en castelán). 15 de outubro de 2016. Consultado o 3 de febreiro de 2019.
- ↑ "Nora Navas, Goya a la mejor actriz por 'Pan negro'". Fotogramas (en castelán). 14 de febreiro de 2011. Consultado o 4 de agosto de 2017.
- ↑ "'Pa Negre', gran triunfadora en los Gaudí con 13 galardones". El mundo (en castelán). 18 de xaneiro de 2011. Consultado o 4 de agosto de 2017.
- ↑ El blog de cine español (27 de outubro de 2013). "Nora Navas premio a la mejor actriz en la seminci 2013". Consultado o 4 de agosto de 2017.
- ↑ "Nora Navas, Gaudí a la millor actriu protagonista per 'Tots volem el millor per a ella'". La Vanguardia (en catalán). 2 de febreiro de 2014. Consultado o 4 de agosto de 2016.
- ↑ El Periódico (16 de setembro de 2016). "'La catedral del mar' ya tiene los cimientos" (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2017.
- ↑ "Lluís Homar protagoniza la 'caza de brujas' de Salem". El Periódico. 22 de xuño de 2016. Consultado o 7 de agosto de 2017.
- ↑ "'Bodas de sangre' de Oriol Broggi prorroga en septiembre". El Periódico (en castelán). 21 de xuño de 2017. Consultado o 7 de agosto de 2017.
- ↑ "Cesc Gay s'estrena com a director teatral amb 'Els veïns de dalt'". Diari Ara (en catalán). 18 de marzo de 2015. Consultado o 7 de agosto de 2017.
- ↑ "Lluís Pasqual estrena «La casa de Bernarda Alba» en el TNC". ABC (en castelán). 29 de abril de 2009. Consultado o 7 de agosto de 2017.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Representante de Nora Navas Arquivado 21 de abril de 2016 en Wayback Machine.
- Filmografía de Nora Navas