O home co corazón de ferro
O home co corazón de ferro | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Man with the Iron Heart |
Director | Cédric Jimenez |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | HHhH de Laurent Binet |
Intérpretes |
|
Música | Guillaume Roussel |
Fotografía | Laurent Tangy |
Estudio |
|
Distribuidora | Mars Films (Francia) |
Estrea | 7 de xuño de 2017 |
Duración | 120 minutos |
Orixe | Francia Bélxica |
Orzamento | 32 millóns de dólares[1] |
Recadación | 4,4 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
O home co corazón de ferro (en inglés: The Man with the Iron Heart;[3][4] estreado como HHhH en Francia e Killing Heydrich no Canadá) é un filme franco-belga biográfico de 2017 dirixido por Cédric Jimenez e escrito por David Farr, Audrey Diwan e Jimenez. Rodado en inglés, baséase na novela de 2010 HHhH do escritor Laurent Binet. A historia céntrase no asasinato do líder nazi Reinhard Heydrich en Praga durante a segunda guerra mundial. Está protagonizado por Jason Clarke, Rosamund Pike, Jack O'Connell, Jack Reynor e Mia Wasikowska. Foi rodado en Praga e Budapest dende setembro de 2015 até febreiro de 2016.
Estreouse en galego o 25 de maio de 2023 a través da TVG.[5][6]
Personaxes
- Jason Clarke como Reinhard Heydrich
- Rosamund Pike como Lina Heydrich
- Stephen Graham como Heinrich Himmler
- Jack O'Connell como Jan Kubiš
- Jack Reynor como Jozef Gabčík
- Mia Wasikowska como Anna Novak
- Gilles Lellouche como Václav Morávek
- Tom Wright como Josef Valčík
- Enzo Cilenti como Adolf Opálka
- Adam Nagaitis como Karel Čurda
- Geoff Bell como Heinrich Müller
- Volker Bruch como Walter Schellenberg
- Barry Atsma como Karl Hermann Frank
- Noah Jupe como Ata Moravec
- David Rintoul como Eduard Wagner
- Vernon Dobtcheff como Emil Hácha
- Ian Redford como Ernst Röhm
- David Horovich como Gottfried Hansen
- Oscar Kennedy como Milic Zelenka
Notas
- ↑ "HHhH (The Man with the Iron Heart) (2017) - JPBox-Office". www.jpbox-office.com.
- ↑ "The Man with the Iron Heart". Box Office Mojo.
- ↑ "The Man with the Iron Heart". FilmNation Entertainment.
- ↑ "THE MAN WITH THE IRON HEART - British Board of Film Classification". www.bbfc.co.uk.
- ↑ @AntRubal (ed.). "O home co corazón de ferro en galego na TVG". Consultado o 25 de maio de 2023.
- ↑ @DobraxeGalega (ed.). "Filmes dobrados ao galego na TVG en 2023". Consultado o 3 de xaneiro de 2024.