O pensador

O Pensador nunha exposición temporal en CaixaForum Madrid.

O pensador (en francés: Le Penseur) é unha das esculturas máis famosas de Auguste Rodin. O escultor concibiu esta peza entre 1881 e 1882 para decorar o tímpano do conxunto escultórico A Porta do Inferno, encargado en 1880 polo Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes de Francia. Isto serviría como entrada do Museo de Artes Decorativas de París, aínda que o proxecto non se concluíu.

Historia

O Pensador na porta do Inferno exposta no Museo Soumaya.

A escultura recibiu orixinalmente o nome O poeta, xa que representaba ó escritor italiano Dante Alighieri, autor da Divina A Divina Comedia, obra literaria que serviu como unha das inspiracións para a creación da Porta. Nunha carta enviada ó crítico Marcel Adam, escribiu:

O Pensador ten unha historia. Nos días pasados, concibín a idea da porta do Inferno. Á fronte da porta, sentado nunha rocha, Dante pensando no plan do seu poema. Detrás del, Ugolino, Francesca, Paolo, todos os personaxes da Divina Comedia. Este proxecto non se realizou. Delgado, ascético, Dante separado do conxunto non tería sentido. Guiado pola miña primeira inspiración concibín outro pensador, un home espido, sentado sobre unha rocha, os seus pés debuxados debaixo del, o seu puño contra o seu queixo, el soñando. O pensamento fértil elabórase lentamente en por si dentro do seu cerebro. Non é máis un soñador, é un creador.[1]

Segundo apunta o investigador François Blanchètiere, O poeta representa un corpo torturado e ó mesmo tempo un home de espírito libre decidido a transcender mediante a poesía. Tamén de vocación dantesca, a obra personifica a Minos, xuíz dos infernos que asignaba ós condenados a un do nove círculos en función dos seus pecados.

O pensador pertence ó grupo de traballos feitos entre 1880 e 1881, onde a influencia de Miguel Anxo é particularmente forte; é indubidable que Il Penseroso e Jeremiah da Capela Sistina gardan semellanza con el.[2]

Notas

  1. Rodin's Gates of Hell. Minneapolis: University of Minnesota Press. 1960. 
  2. Gantner, Joseph.