O Cid, a lenda
O Cid, a lenda | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | El Cid: La leyenda |
Director | José Pozo |
Produtor | Julio Fernández |
Guión | José Pozo |
Intérpretes | Manel Fuentes Sancho Gracia Carlos Latre Loles León Natalia Verbeke Miguel Ángel Rodríguez |
Música | Óscar Araujo |
Fotografía | Adrià García Víctor Maldonado |
Montaxe | Félix Bueno |
Estudio | Filmax Animation Bren Entertainment |
Distribuidora | Filmax |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 90 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Animación |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O Cid, a lenda (en castelán: El Cid: La leyenda) é un filme español de animación dirixido por José Pozo, que se estreou no 2003. Baséase na historia lendaria de Rodrigo Díaz de Vivar, tamén coñecido como O Cid.
Contou coa participación de profesionais da factoría Bren Entertainment, sita en Santiago de Compostela, nun labor centrado na animación 3D. Foi editado en DVD con son en galego.
Sinopse
Rodrigo ten ante si un futuro prometedor. Fillo dun nobre castelán, edúcase na corte na compañía do seu mellor amigo Sancho, o primoxénito do monarca Fernando I. Mais tras a morte do Rei, Rodrigo vese envolto nun mundo de tramas e conspiracións que acabarán coa vida de Sancho e a coroación do infante Afonso. Desterrado de Castela e deshonrado, Rodrigo emprende cos seus fieis unha arriscada aventura.
Personaxes
Personaxe | Actor orixinal | Actor de dobraxe | Actor de dobraxe |
---|---|---|---|
Narrador | – | Juan Antonio Bernal | Antón Olmos |
Rodrigo Díaz de Vivar "O Cid" | Alex Warner | Manel Fuentes | Gonzalo Faílde |
Dona Ximena | Amber Ockrassa | Natalia Verbeke | Ana Lemos |
Don Diego Laínez | Chris Hood | Manolo García | Alfonso Valiño |
Rei Alfonso VI | James Phillips | Juan Antonio Bernal | Antón Olmos |
Infanta doña Urraca | Molly Malcolm | Loles León | Beatriz García |
Príncipe Sancho | Jonathan Brown | Sergio Zamora | Miguel Pernas |
Conde Gormaz | Carlos Castanon | Sancho Gracia | Paco Barreiro |
Fáñez | Toby Harper | Eduard Farelo | Matías Brea |
Garcés | Richard Felix | Miguel Ángel Rodríguez | Antón Cancelas |
Al-Mutaman | Jonathan Brown | Daniel García | Nacho Castaño |
Conde Ordóñez | Robert Patterson | Carlos Latre | Antón Ja |
Ben Yussuf | Joshua Zamrycki | Antonio Mourelos | |
Rei Fernando I | Robert Long | Arsenio Corsellas | Fermín Encinar |
Voces adicionais | – | – | Tuto Vázquez e Gonzalo Rey Chao |
Ficha | |
---|---|
Estudio | Studio XXI S.L. (A Coruña) |
Galardóns e nomeamentos
- 2003: Nomeado na 2ª edición dos Premios Mestre Mateo ó mellor filme
- 2003: Premios Goya: Mellor filme de animación.
- 2004: Festival de Annecy: Sección oficial longametraxes a concurso.
Notas
- ↑ "El Cid: La Leyenda - Ficha eldoblaje.com - Doblaje". www.eldoblaje.com. Consultado o 2024-12-08.
- ↑ "O Cid, a lenda". Wiki A dobraxe en galego. Consultado o 2024-12-08.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha no soportal do audiovisual galego.
- O Cid, a lenda na IMDb (en inglés).