O show dos Tonechos
O show dos Tonechos | |
---|---|
Formato | Comedia |
Intérpretes | Roberto Vilar Víctor Fábregas Dorotea Bárcena Mariana Carballal |
País de orixe | Galicia |
Lingua(s) | Galego |
Produción | |
Duración | 70 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVG |
Primeiro episodio | 18 de abril de 2005 |
Derradeiro episodio | 3 de xullo de 2008 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O show dos Tonechos foi un programa da Televisión de Galicia protagonizado por Roberto Vilar e Víctor Fábregas, dúo humorístico coñecido como Os Tonechos.
Historia
Logo de actuacións en programas como Con perdón e Luar, o 18 de abril de 2005 emitiuse o programa piloto do seu propio espazo, cunha cota de pantalla do 25.8%. A partir de maio do mesmo ano, emitiuse con regularidade semanal en horario de máxima audiencia.
O programa deixou de emitirse en 2008, e en xaneiro de 2009 os dous actores anunciaron a disolución do grupo.[1]
Características
Cada episodio tiña unha duración de 70 minutos, que se emitía en directo agás durante a segunda tempada. O día de emisión era o xoves.
Tempadas
A primeira tempada está considerada aínda como a sección que tiña o grupo dentro do programa Luar.
A segunda tempada comezou no ano 2005, pregravada e con novas seccións. Despois da segunda aínda viñeron tres máis, facendo un total de cinco.
Personaxes
Personaxes principais
Os catro personaxes máis importantes, e que participaron durante toda a serie, son:
- Antonio "Tonecho" Martínez (Roberto Vilar).
- Antonio "Tucho" Martínez (Víctor Fábregas).
- María Isabel "Maribel" (Mariana Carballal).
- Amadora (Dorotea Bárcena).
Personaxes secundarios
- Blas (Tonhito de Poi).
- Manolito (Alfonso Agra).
- (César Cambeiro).
- (Roberto Gómez).
- (Ana Santos).
- (Patricia Vázquez).
Personaxes convidados
- Castelao (Antonio Durán "Morris").
- Pepe de Betanzos "O Feo" (Lois Soaxe). Delincuente acabado de fuxir do cárcere do Pereiro de Aguiar, acode ao pazo do Roncadoiro, novo fogar dos Tonechos, para recuperar a prata que agochou nos andeis do devandito pazo.
- (Pepo Suevos).
Locutores/narradores
- Xoán Diéguez
- Carlos Jiménez Díaz
Lista de especiais dos Tonechos
- "Os Tonechos van á obra"
- "Os Tonechos e o camiño de Santiago"
- "Os Tonechos van á praia"
- "Os Tonechos en América"
- "Os Tonechos van ó mar"
- "Os Tonechos e a lotería de Nadal"
- "Os Tonechos nunha de medo"
- "Os Tonechos no gran hotel"
- "Os Tonechos e o atraco ó banco"
- "Os Tonechos: O padriño de Amadora"
- "Os Tonechos no hospital"
- "Nadal cos Tonechos"
- "Os Tonechos no hospital"
- "Os Tonechos nunha de amor"
- "Os Tonechos: Nunha de cine"
- "Os Tonechos van presos"
- "Os Tonechos: O debate"
- "Os Tonechos de película"
- "Os Tonechos van á escola"
- "Os Tonechos na despedida de solteiro"
- "Os Tonechos volta e volta"
Audiencia
O show dos Tonechos foi o cuarto programa máis visto da TVG na tempada 2006-07, con 193.000 espectadores de media e unha cota de pantalla do 19,8%
Notas
- ↑ Promocións Culturais Galegas S.A. (8 de xaneiro de 2009). ANOSATERRA DIARIO, ed. "Os Tonechos sepáranse" (en galega). Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2014. Consultado o 21 de xaneiro de 2011.