O tempo contigo
O tempo contigo | |
---|---|
![]() Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | 天気の子 Tenki no Ko |
Director | Makoto Shinkai |
Produtor |
|
Guión | Makoto Shinkai |
Intérpretes |
|
Música | Radwimps |
Fotografía | Ryōsuke Tsuda |
Montaxe | Makoto Shinkai |
Estudio |
|
Distribuidora | Toho |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 112 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Animación |
Na rede | |
https://tenkinoko.com/ e https://www.weatheringwithyoumovie.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O tempo contigo (en xaponés: 天気の子; Tenki no Ko) é un filme xaponés de 2019 escrito e dirixido por Makoto Shinkai, e producido por CoMix Wave Films e distribuído por Toho. Conta a historia dun rapaz de instituto que foxe da súa casa rural a Toquio e faise amigo dunha nena orfa que ten a capacidade de controlar o tempo. Conta coas voces de Kotaro Daigo e Nana Mori, dirección de animación de Atsushi Tamura, deseño de personaxes de Masayoshi Tanaka, e banda sonora de Radwimps. O filme gañou unha varios premios, e foi escollido como candidato do Xapón para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Estreouse subtitulado en galego o 29 de novembro de 2019 a través de NUMAX (Santiago de Compostela).[2] Os subtítulos foron traducidos ao galego por Samuel Solleiro co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Personaxes
- Kōtarō Daigo como Hodaka Morishima
- Nana Mori como Hina Amano
- Shun Oguri como Keisuke Suga
- Tsubasa Honda como Natsumi Suga
- Sakura Kiryu como Nagi Amano
- Chieko Baishō como Fumi Tachibana
- Sei Hiraizumi como Yasui
- Yūki Kaji como Takai
- Sumi Shimamoto como Señora Mamiya
- Kentaro Araki como Araki
- Ryōhei Kimura como Kimura
- Kana Hanazawa como Kana
- Hidekatsu Shibata como Kannushi
- Kana Ichinose como Sasaki
- Ayane Sakura como Ayane
Notas
- ↑ "Weathering With You". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2020. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
- ↑ numax.org (ed.). "O tempo contigo en NUMAX". Consultado o 4 de maio de 2022.