Oda Nobunaga

Oda Nobunaga
織田信長
Nome completo吉法師
Nacemento23 de xuño[1] de 1534
Lugar de nacementoNagoia
Falecemento21 de xuño de 1582 (47 anos)[2]
Lugar de falecementoHonnō-ji, Quioto
CausaHaraquiri
SoterradoHonnō-ji, Sōken-in, Amida-ji e Sōken-ji
Nacionalidadexaponés
RelixiónXintoísmo e Budismo de Nitiren
OcupaciónDaimio
PaiOda Nobuhide
NaiDota Gozen
CónxuxeNō-hime, Kitsuno, Kyōun'in, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, Harada Naoko, Yutsumaki e sen etiquetar
FillosOda Nobutada, Oda Nobukatsu, Oda Nobutaka, Hashiba Hidekatsu, Oda Katsunaga, Toku-hime, Fuyu-hime, Tsuru-hime, Oda Nobutaka, Ofuri, Oda Nobuyoshi, Ei-hime, Genko-in, Getsumyoin, Nobuhide Oda, Nobusada Oda, Nobuyoshi Oda, Nagatsugu Oda, Oda Nobumasa, Oda Hideko, sen etiquetar, Sannomarudono e Jigen-in
IrmánsOichi, Oinu no Kata, Oda Nobuhiro, Oda Nobuyuki, Oda Nobukane, Oda Nagamasu, Oda Shinji, Oda Nobutoki, Oda Hidetaka, Oda Nobuteru, Oda Nobuoki, Oda Hidenari e Oda Nagatoshi
Na rede
WikiTree: 織田-89 Find a Grave: 19744 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Oda Nobunaga (織田 信長 ja-oda_nobunaga.ogg Oda Nobunaga ?), nado en 1534 e finado en 1582,[3] foi un destacado daimio (señor feudal) do período Sengoku no período Azuchi-Momoyama da historia do Xapón. Naceu o 23 de xullo de 1534 na Provincia de Owari, mais existen dúbidas sobre o lugar exacto. A teoría máis aceptada defende que naceu no Castelo de Hara (na actual cidade de Inazawa), malia que tamén se fala do Castelo de Furano (en Nagoia).[4] Fillo dun daimio menor da provincia de Owari,[3] coa morte do seu pai loitou contra outros membros da súa familia polo control do clan, e matou a un dos seus irmáns no proceso.[5] En 1560, durante a batalla de Okehazama enfrontouse con só 3 000 soldados contra un numeroso exército estimado en 40 000 samurais,[6] comandado por Imagawa Yoshimoto. Grazas a un ataque sorpresa saíu vitorioso e situouse no cumio do poder militar do país.[7]

En 1568, axudou Ashikaga Yoshiaki a ser nomeado shōgun polo emperador, entrando na capital Kioto co seu exército e tomando o control da cidade.[8] Yoshiaki quería nomealo Kanrei pero negouse e, no canto diso ditou unha serie de regulacións, as cales limitaban a actividade do shogun a practicamente tan só a asuntos cerimoniais. Yoshiaki contactou entón con varios daimyōs e monxes guerreiros para formar unha coalición contra Nobunaga, quen lles afrontou entre 1570 e 1573, ano en que a rivalidade entre o shōgun e Nobunaga se fixo pública e aberta. Nobunaga afrontou Yoshiaki e derrotouno facilmente, poñendo fin ó shogunato Ashikaga.[9]

Notas

  1. Spackman 2009, p. 369 dá como certa esta data, malia que a maioría das bibliografías omiten dar esta dada, amosando só o ano.
  2. (Segundo día do sexto mes de Tenshu 10) Elison & Smith 1978, p. xiii
  3. 3,0 3,1 Turnbull 2005b, p. 6
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2015. Consultado o 08 de maio de 2015. 
  5. "Samurai wiki" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2012. Consultado o 25 de decembro de 2009. 
  6. Berry 1989, p. 36
  7. "Nobunaga" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2009. Consultado o 25 de decembro de 2009. 
  8. (Jansen 1995, p. 146).
  9. (Whitney Hall 1988, p. 230).

Véxase tamén

Ligazóns externas