Olof Palme

Olof Palme
Nome completoSven Olof Joachim Palme
Nacemento30 de xaneiro de 1927
Lugar de nacementoEstocolmo e Svea artilleriregementes församling
Falecemento28 de febreiro de 1986
Lugar de falecementoSveavägen
Causaferida por arma de fogo
SoterradoAdolf Fredrik Church cemetery
NacionalidadeSuecia
Alma máterUniversidade de Estocolmo, Kenyon College, Beskowska skolan e Sigtunaskolan Humanistiska Läroverket
Ocupaciónpolítico
PaiGunnar Palme
NaiElisabeth Sophia von Knieriem
CónxuxeLisbeth Palme e Jelena Rennerová
FillosJoakim Palme, Mårten Palme e Mattias Palme
IrmánsClaës Palme
PremiosPrêmio Jawaharlal Nehru para Compreensão Internacional, Collar of the Order of the White Lion, Four Freedoms Award – Freedom from Fear, Order of the Companions of O. R. Tambo e Ordem Eduardo Mondlane, primeiro grau
Na rede
http://www.palmecenter.org/
IMDB: nm0658072 Musicbrainz: 587d24f5-3f24-4ee3-ad1c-4435526376c9 Discogs: 2737661 WikiTree: Palme-11 Find a Grave: 6073 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sven Olof Joachim Palme, nado en Estocolmo o 30 de xaneiro de 1927 e asasinado na mesma cidade o 28 de febreiro de 1986, foi un político sueco, líder do Partido Socialdemócrata de Suecia dende 1969. Foi Primeiro ministro de Suecia entre 1969 e 1976, e reelixido en 1982. Foi asasinado o 28 de febreiro de 1986 mentres aínda exercía o cargo de Primeiro ministro: disparoulle supostamente Stig Engström cando paseaba en compaña da súa esposa tras saír do cine, de ver o filme Bröderna Mozart[1].

Biografía

Olof Palme, fillo dunha familia acomodada, chegou ao socialismo por convicción persoal logo de pasar uns anos estudando nos Estados Unidos de América.

Como socialdemócrata, Palme ocupou varios postos ministeriais antes de converterse en Primeiro ministro en 1969. Mantivo puntos de vista controvertidos, criticando aos Estados Unidos na guerra de Vietnam, ás armas nucleares e a política do apartheid en Suráfrica, mentres que defendeu á OLP e a Fidel Castro. Pero ante todo, caracterizábao a súa defensa do pacifismo e o universalismo.

Lugar onde Olof Palme foi asasinado.

Asasinato

O 28 de febreiro de 1986 recibiu un disparo nas costas mentres saía coa súa muller dun cine de Estocolmo. En 1988 foi detido en relación ao caso Christer Pettersson, un alcohólico e toxicómano sueco que foi absolto por falta de probas. O crime prescribiu o 28 de febreiro de 2011, 25 anos despois do asasinato.

Algunhas teorías sinalaron que os autores do asasinato puideran ser os servizos secretos da República Surafricana, xa que por aquel entón Olof foi un decidido loitador contra o apartheid ao que estaba sometida a poboación negra do país africano. Outros apuntaron que puidera ser a CIA ou os servizos secretos ingleses, debido a que o presidente sueco destacou por loitar contra o neoliberalismo (por entón en expansión) que xa estaban executando Ronald Reagan e Margaret Thatcher.

En xuño de 2020 o fiscal xeral de Suecia anunciou que o autor do crime fora o publicista con vínculos coa ultradereita Stig Engström, tamén coñecido como "O home de Skandia". Engström fora unha das vinte persoas que dixeran ser testemuñas do crime e fora considerado como un potencial sospeitoso polo xornalista e Thomas Pettersson. Dado que Engström se suicidou en 2020, as autoridades anunciaron tamén que daban o caso por pechado 34 anos despois.[2][3][4]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos