One Albania

One Albania
Na rede
https://www.one.al/
editar datos en Wikidata ]

One Albania sh.a é unha compañía de telecomunicacións que opera en Albania, anteriormente esta compañía foi coñecida como AMC, e como Telekom Albania. A AMC formou parte da empresa COSMOTE Group desde o ano 2000 até o ano 2008 que ficou en mans da compañía Deutsche Telekom Group.

Os comezos

Antigo logotipo da AMC.

A compañía foi constituída en novembro de 1995 da man do estado albanés e sendo este o seu propietario comezou as súas operacións comerciais en maio de 1996, converténdose no primeiro operador móbil en toda a Albania. A empresa foi privatizada con éxito en agosto do ano 2000ao adquirir a empresa de telecomunicacións grega COSMOTE o 85% das accións de AMC, a través do grupo COSMO-HOLDING ALBANIA S.A.

No ano 2008 a compañía de telecomunicacións alemá Deutsche Telekom Group líder en toda a Europa, adquiriu todas as accións de COSMO-HOLDING ALBANIA S.A. cambiando así de donos, e o 1 de xullo de 2015 a AMC é renomeada. O seu logotipo anteriormente verde foi substituído por un logotipo do grupo Telekom en cor maxenta.

Os servizos

Cando COSMOTE adquiriu a AMC, a empresa tiña 11 000 clientes de rede móbil. A finais de decembro de 2001 a AMC xa conseguira máis de 273 000 clientes e no 2009 xa tiña alcanzado unha base de clientes de 1,9 millóns.

Na actualidade, a cobertura da rede móbil da empresa cobre o 99,6% da poboación albanesa e o 95% da área xéografica de Albania, e no 2011 os seus clientes achegáronse aos 1,8 millóns de clientes.[1]

En 2011 a AMC entra no mercado de teléfono fixo en Albania, co que chega a ser a segunda empresa na Albania en ofrecer o servizo de teléfono fixo en todo o país.

Tamén Telekom Albania foi a primeira en ofrecer os servizos de cobertura móbil LTE 4G na capital do país, Tirana, e no sur da Albania. Ademais a empresa foi unha das primeiras en Europa que lanzou a tecnoloxía LTE-A Cat4 con até 150 Mbps de velocidade de baixada.

Cota de mercado

No 2012 a Albania tiña 5,3 millóns de clientes de rede móbil (cun 187% de cociente de penetración), dos cales 3,2 millóns son usuarios activos (cun 114% de cociente de penetración).

A autoridade reguladora de telecomunicacións na Albania é a Autoridade de comunicacións electrónicas e postais, e para esta unha numeración activa de móbil é aquela que fixese algún tipo de comunicación no número de móbil, como pode ser unha chamada mesmo nos últimos 3 meses.[2]

Posición Operador Redes Clientes no 2012
(en millóns)
Propiedade
1 Vodafone GSM-900/1800
UMTS, HSPA, HSPA+, 4G, 4G+
1 839 ou 34,76% Vodafone
2 Telekom Albania GSM-900/1800
UMTS, HSPA, HSPA+, 4G, 4G+
1 736 ou 32,82% Deutsche Telecom
3 Eagle Mobile GSM-900/1800
UMTS, HSPA, HSPA+, 4G
1 304 ou 24,66% Albtelecom
4 Plus GSM-900/1800 0 410 ou 7,76% Plus Communication

Notas

  1. "Deutsche Telekom in Albania". Deutsche Telekom. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 5 febreiro 2016. 
  2. "2012 yearly report (in Albanian)" (PDF). Electronic and Postal Communications Authority. AKEP. Consultado o 5 febreiro 2016. [Ligazón morta]

Ligazóns externas