Opinión

A palabra opinión ten diferentes significados e diversos usos segundo certos contextos:

  • Opinión (filosofía): Grao de posesión da verdade respecto dun coñecemento que se afirma como verdadeiro sen ter garantía da súa validez. Contraponse á certeza como posesión plena da verdade que se afirma sen sombra de dúbida acerca da súa validez.
  • Opinión (xornalismo): A opinión é un xénero periodístico que se caracteriza pola exposición e argumentación do pensamento dun personaxe ou medio de comunicación recoñecido acerca dun tema.
  • Opinión (ética): Concepto valorativo que se ten respecto a alguén, xeralmente relativo á súa fama.
  • Opinión: Estado de crenza común que ten unha colectividade respecto a determinado asunto. A súa validez lóxica como verdade non se fundamenta no grao de coñecemento, senón na participación como membro do grupo social. Véxase ideoloxía.
  • Opinión pública: Estado de crenza que se atribúe a unha determinada sociedade no seu conxunto.
  • Estado de opinión: Situación que se dá nunha colectividade ou grupo nun momento dado con respecto ao estudo ou tratamento dun argumento determinado.
  • Opinion: Canción de Nirvana