Os novos (serie de televisión)
The Young Ones | |
---|---|
Formato | Comedia de situación, comedia alternativa |
Creado por | Rik Mayall Lise Mayer Ben Elton Alexei Sayle |
Intérpretes | Adrian Edmondson Rik Mayall Nigel Planer Christopher Ryan Alexei Sayle |
País de orixe | Reino Unido |
Lingua(s) | Inglés |
Episodios | 12 (2 tempadas) |
Produción | |
Duración | 35 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | BBC2 |
Primeiro episodio | 9 de novembro de 1982 |
Derradeiro episodio | 19 de xuño de 1984 |
Na rede | |
http://www.bbc.co.uk/comedy/guide/articles/y/youngonesthe_1299003473.shtml | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os novos (título orixinal en inglés: The Young Ones) é unha comedia de situación británica escrita por Rik Mayall, Ben Elton e Lise Mayer, e protagonizada por Adrian Edmondson, Mayall, Nigel Planer, Christopher Ryan e Alexei Sayle, que se emitiu por primeira vez na BBC Two en dúas tempadas en 1982 e 1984. O seu humorismo anárquico e inconformista axudou a desenvolver a comedia alternativa na televisión da década de 1980 e converteu en coñecidos aos seus actores e guionistas. Foi traducida ao galego por Lois Pereiro na súa primeira dobraxe, e por María Alonso na segunda emitida na TVG.
Características
Os protagonistas principais son catro estudantes que comparten unha casa, un violento fan do metal punk Vyvyan, interpretado por Adrian Edmondso, o fachendoso anarquista Rick (Rik Mayall), o hippie Neil (Nigel Planer) e o sofisticado Mike (Christopher Ryan). Tamén intervén Alexei Sayle, interpretando o caseiro, Jerzy Balowski, e outros membros da familia Balowski. Ambientada no norte de Londres, aínda que a maioría dos exteriores se gravaron en Bristol. Cada episodio incluía un segmento musical no que actuaban na casa ou na rúa grupos convidados.
Na serie combínase o estilo tradicional dunha comedia de situación co slapstick violento, o absurdo e o surrealismo mesturados con estereotipos das clases traballadores e baixas británicas.
Capítulos
Primeira tempada
- Demolición
- Petróleo
- Aburrimento
- A bomba
- Interesante
- Asolagamento
Segunda tempada
- Bambi
- Efectivo
- Noxento
- Tempo
- Doentes
- Vacacións de verán