Os aires difíciles

Os aires difíciles é unha coprodución galega baseada na obra da escritora Almudena Grandes. Estreouse no ano 2006, dirixida por Gerardo Herrero e protagonizada, entre outros, polos actores galegos Celia Freijeiro e Monti Castiñeiras.

Sinopse

Juan Olmedo, un home de corenta anos, logra sobrevivir a un naufraxio tralo que unicamente foi quen de rescatar a unha sobriña e ó seu irmán, discapacitado mental. Juan decide deixar atrás o seu pasado e comezar unha nova vida nun afastado recuncho da costa gaditana.

Nel, coa axuda da súa asistenta Maribel e de Sara, afrontará as lembranzas que o atormentan: o amor segredo que sentía cara a súa cuñada e a morte en estrañas circunstancias do seu irmán Damián.

Intérpretes

Equipo técnico

  • Dirección: Gerardo Herrero
  • Guión: Alberto Macías, Almudena Grandes, Ángeles González Sinde.
  • Fotografía: Alfredo Mayo
  • Dirección artística: José Domínguez del Olmo
  • Vestiario: Paco Delgado
  • Maquillaxe: Paca Almenara
  • Peiteado: Alicia López
  • Montaxe: Carmen Frías
  • Música: Lucio Godoy

Ligazóns externas