Osteíte
Osteíte | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
![]() | |
ICD-9 | 730.2 |
MedlinePlus | Osteitis |
MeSH | D010000 |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A osteíte é un termo médico que designa a inflamación do ósos. Especificamente, a osteíte pode referirse a algunha destas entidades:
- Osteíte fibrosa quística (ou osteíte fibrosa, ou doenza de Von Recklinghausen): unha complicación do hiperparatiroidismo na que os ósos tornan brandos e se deforman.[1]
- Osteíte deformante, osteitis deformans ou doenza de Paget.
- Osteíte por radiación: descenso na densidade ósea cun desenvolvemento posterior de áreas cunha aparencia esclerótica.[2]
- Osteíte condensante ou esclerosante (osteitis condensans).
- Osteíte condensante del ilíaco
- Osteíte púbica: inflamación dolorosa do periósteo, óso, cartilaxe e ligamentos das estruturas da cintura pélvica anterior, unha complicación postoperatoria.[3]
- Osteíte alveolar, tamén denominada alveolite fibrinolítica ou en inglés dry socket (cavidade seca).
Notas
- ↑ por MedlinePlus (2006). "Osteítis fibrosa". Enciclopedia médica en español (en español). Consultado o 21 de abril de 2009.
Esta afección case nunca é ocasionada por cancro da paratiroide.
- ↑ Pérez Calvo (2004). Guía terapéutica de soporte en Oncoloxía Radioterápica (en español). Luis Alberto Pérez Romasanta, Felipe A. Calvo Manuel. España: Elsevier. p. 377. ISBN 8445814192. Consultado o 21 de abril de 2009.
- ↑ M D Walters. Uroginecología y cirugía reconstructiva de la pelvis (en español) (3ra ed.). España: Elsevier. p. 197. ISBN 8445818147. Consultado o 21 de abril de 2009.