Otídidos

Otídidos

Avutarda kori (Ardeotis kori)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Gruiformes
Familia: Otididae
Rafinesque, 1815
Xéneros
  • Otis
  • Ardeotis
  • Chlamydotis
  • Neotis
  • Eupodotis
  • Lissotis
  • Houbaropsis
  • Sypheotides
  • Tetrax
Sisón común.

Os otídidos (Otididae) son unha familia de aves gruiformes que inclúe as avetardas e sisóns. Son de hábitos principalmente terrestres, asociadas con ambientes secos, abertos e esteparios do Vello Mundo. Segundo algúns autores, os otídidos deben clasificarse nunha orde de seu, os Otidiformes.[1]

Historia natural

As avetardas son omnívoras e aniñan na terra. Camiñan ergueitas sobre as súas fortes patas e grandes dedas. Teñen as ás anchas e longas, con patróns de plumaxe rechamantes en voo. Moitas teñen interesantes cortexos, nas que realizan accións como inflar os sacos das súas gorxas, ou elevar rechamantes cristas. As femias depositan de tres a cinco ovos escuros e pintados, nunha zona escarvada no chan, onde os incuban elas soas.[2]

Son gregarias fóra da época de cría, pero son moi cautas e é difícil achegarse a elas nos hábitas abertos nos que se adoitan atopar.[3]

A maioría das especies están en perigo por mor da perda do hábitat e da caza, mesmo onde están protexidas.[3]

Xéneros e especies

A familia Otididae inclúe nove xéneros e 26 especies:[4]

  • Xénero Otis
  • Xénero Ardeotis
    • Ardeotis arabs
    • Ardeotis kori
    • Ardeotis nigriceps
    • Ardeotis australis
  • Xénero Chlamydotis
  • Xénero Neotis
    • Neotis ludwigii
    • Neotis denhami
    • Neotis heuglinii
    • Neotis nuba
  • Xénero Eupodotis
    • Eupodotis senegalensis
    • Eupodotis caerulescens
    • Eupodotis vigorsii
    • Eupodotis rueppellii
    • Eupodotis humilis
    • Eupodotis savilei
    • Eupodotis gindiana
    • Eupodotis ruficrista
    • Eupodotis afra
    • Eupodotis afraoides
  • Xénero Lissotis
    • Lissotis melanogaster
    • Lissotis hartlaubii
  • Xénero Houbaropsis
    • Houbaropsis bengalensis
  • Xénero Sypheotides
    • Sypheotides indica
  • Xénero Tetrax

Notas

  1. Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names." (en inglés). Consultado o 2 de Marzo de 2010. 
  2. Archibald, George W. (1991). Forshaw, Joseph, ed. Encyclopaedia of Animals: Birds. London: Merehurst Press. pp. 98?99. ISBN 1-85391-186-0. 
  3. 3,0 3,1 Bota, G., J. Camprodon, S. Mañosa & M.B. Morais (Editores). (2005). Ecology and Conservation of steppe-land birds. Lynx Editions. Barcelona ISBN 84-87334-99-7; 978-84-87334-99-3.
  4. Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas