Palacio de Congresos (Campo de las Naciones)
Palacio de Congresos (Campo de las Naciones) | |
---|---|
![]() | |
Edificio | |
Tipo | centro de convencións e edificio ![]() |
Coordenadas | 40°27′44″N 3°37′00″O / 40.4621, -3.61663 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Ricardo Bofill Leví ![]() |
[ editar datos en Wikidata ] |


O Campo de las Naciones é un espazo situado no barrio de Corralejos no distrito de Barajas, en Madrid, España. Inclúe o Pazo Municipal de Congresos de Madrid,[1] o recinto feiral de IFEMA,[2] o parque Juan Carlos I e o parque empresarial Puerta de las Naciones. Deseñouno o arquitecto Ricardo Bofill Levi.
Características
O seu deseño moderno, propio das obras daquel arquitecto, e unha superficie útil de máis de Modelo:Unidade distribuídas nas súas 14 plantas (7 delas subterráneas), confírelle unha gran versatilidade, coa tecnoloxía e os servizos necesarios para absorber todas as demandas do mercado, especialmente a organización de congresos, feiras e grandes encontros de todo tipo.
O edificio conta con aparcadoiro público, amplos espazos expositivos, dous auditorios con capacidade para 913 e 1.814 persoas respectivamente,[3] unha sala multiusos de 2200 m² e trinta cuartos de diferentes capacidades.
Historia
Na década de 1980[4] decidiuse destinar a zona a turismo, empresas e congresos. A zona bautizouse como Campo das Nacións.[4]
En 1988 a empresa de xestión pública municipal que ía xestionar este inmoble bautizouse como Campo de las Naciones. En 2006, cando xa xestionaba este Pazo e outros edificios expositivos da cidade, cambiou o seu nome a Madrid Espacios y Congresos S.A., coa denominación comercial de Madridec.[5] Con todo, Madridec quebra en 2013 e o propio Concello converteuse no xestor das súas débedas e patrimonio.[6]
En 1991 inauguráronse preto del as instalacións feirais de IFEMA.[7]
Entre outros eventos, acolleu cumios internacionais da OTAN, a Unión Europea e a Asemblea Anual do Fondo Monetario Internacional.
O 15 de decembro de 1995 acordouse aquí denominar euro a moeda única europea.[8][9][10]
En outubro de 2003 celebrouse a Conferencia Internacional de Doadores para a Reconstrución de Iraq.
Desde xaneiro de 2019 está xestionado por IFEMA.[11]
Notas
- ↑ "El Rey inaugurará hoy el nuevo recinto ferial, que acogerá a cuatro millones de visitas". El País. 20 de decembro de 1991.
- ↑ Daniel Sänchez e Beatriz Lucas (10 de xullo de 2005). "A candidatura que podería cambiar un distrito". El País.
- ↑ Bruno García Gallo (14 de marzo de 2013). "Arreglar la seguridad del Palacio de Congresos le cuesta un millón a Botella". El País.
- ↑ 4,0 4,1 "El PSOE decidió su canidato para el Campo de las Naciones". El País. 17 de decembro de 1988.
- ↑ "La empresa Campo de las Naciones cambia su nombre por Madrid Espacios y Congresos". El País. 9 de maio de 2006.
- ↑ Bruño García Gallo (30 de xullo de 2013). "La quiebra de Madridec deja otro agujero de 400 millones al Ayuntamiento". El País.
- ↑ "El Rey inaugurará hoy el nuevo recinto ferial, que acogerá cuatro millones de visitas". El País. 20 de decembro de 1991.
- ↑ "Nace en Madrid el euro, moneda única de la UE". El País. 16 de decembro de 1995.
- ↑ "España y la Unión Europea". Ministerio de Asuntos Exteriores de España. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2022. Consultado o 7 de outubro de 2015.
- ↑ Ignacio Cembrero y Xavier Vidal-Kosh (15 de decembro de 1995). "Madrid recibe la mayor concentración de líderes extranjeros de su historia". El País.
- ↑ "IFEMA Palacio Municipal". eventoplus.