Pareidolia


A pareidolia (derivada etimoloxicamente do grego eidolon: «figura» ou «imaxe» e o prefixo par: «con» ou «adxunto») é un fenómeno psicolóxico consistente en que un estímulo vago e aleatorio (habitualmente unha imaxe) é percibida erroneamente como unha forma recoñecible. Unha explicación deste fenómeno de acordo co funcionamento do cerebro, é descrita por Jeff Hawkins na súa teoría de memoria-predición (memory-prediction framework).
Descrición
O carácter aparentemente sagrado de determinados lugares arqueolóxicos, podería ser explicado en parte, con:
- O fenómeno psicolóxico coñecido como hierofanía, xeralmente asociado as experiencias relixiosas.
- O fenómeno psicolóxico coñecido como pareidolia - perceptivo, non necesariamente patolóxico – utilizado na exploración psicolóxica (test de Rorschach).
Casos coñecidos
Algúns exemplos comúns da pareidolia son:
- Visión de animais ou rostros na forma das nubes
- Visión de rostros nos cumes dalgúns outeiros pedregosos
- Visión de caras na parte dianteira ou posterior dun vehículo (os faros representarían os ollos, a grella a boca e o parabrisas a fronte ou cabeza)[1]
- Imaxes de rostros en aparellos (na imaxe), edificios etc
- Visión de persoas ou siluetas no pavimento.
- Audición de mensaxes recoñecibles en rexistros en idiomas descoñecidos ou reproducidas ao revés.
- Observacións de ovnis, críptidos, pantasmas ou outros fenómenos paranormais.
- Numerosas figuras relixiosas ou simplemente humanas, en obxectos astronómicos como a Lúa, a Nebulosa da Aguia.
- Imaxes relixiosas en obxectos cotiáns (árbores, pedras etc.).
Notas
- ↑ G&J España Ediciones, ed. (17-10-2008). "Los coches con “cara de enfado” venden más". Muy Interesante (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01-02-2010. Consultado o 17-03-2010.