Parque Nacional de Serengueti
Parque Nacional de Serengueti | |
---|---|
Vista panorámica do Parque Nacional Serengueti. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Modelo:TAN |
Localización | 2°19′58″S 34°34′0″L / -2.33278, -34.56667 |
Tipo | Natural |
Criterios | VII, X |
Inscrición | 1981 (5ª session) |
Rexión da UNESCO | África |
Identificador | 156 |
O Parque Nacional de Serengueti (ou Serengeti) é un parque nacional de grandes dimensións (cerca de 40.000 km²) na ecorrexión de Serengueti, no norte da Tanzania, limítrofe con Kenya, na África oriental.
É famoso polas migracións anuais de ñus, cebras e gacelas e outros antílopes que ocorren de maio a xuño. É Patrimonio Mundial da UNESCO desde 1981.[1]
Os cinco grandes animais do parque, así chamados polos cazadores desde hai anos, son o león, o leopardo, o elefante, o rinoceronte e o búfalo cafre. Pero no parque tamén se enciontran xirafas, numerosos antílopes, hienas, guepardos e primates, ademais de máis de 500 especies de aves.
Cerca do parque encóntrase a Garganta de Olduvai, onde se encontraron moitos fósiles e artefactos de homínidos.
Principais especies
Os "cinco grandes"
- León: crese que o Serengueti ten a máis grande poboación de leóns de África, en parte debido á gran cantidade de animais que lles serven de presa. Actualmente hai máis de 3.000 leóns vivindo no ecosistema do parque.
- Leopardo africano: estes predadores son frecuentemente avistados na rexión de Seronera, pero existen en todo o Parque Nacional, e a súa poboación actual é aproximadamente de 1.000 individuos.
- Elefante africano: as mandas deste animal recupéranse da gran mortalidade dos anos 1980, causada pola caza furtiva, concentrándose no norte do parque.
- Rinoceronte negro: encóntranse próximos aos inselbergs (montes testemuña) no centro do parque. Quedan poucos individuos, debido á caza furtiva. Ás veces, animais da Reserva Masai Mara atravesan os límites do parque e ingresan no territorio do Serengueti, desde o norte (Kenya).
- Búfalo africano: aínda abundante, pero o seu número diminuíu debido a enfermidades.
Ouros mamíferos
- ñu azul
- hipopótamo
- facócero
- cebra de Grant
- guepardo
- raposo orelludo
- antílope acuático
- gacela de Thompson
- gacela de Grant
- lebre
- gato montés
- babuino
- xirafa
- hiena pinta
- chacal
- impala
- alcélafos
- damaliscos (topi e outros)
- licaón
Principais aves
- voitres (varias especies)
- flamengos (varias especies)
- grou coroado
- pomba pinta
- avetarda
- ganso de Exipto
- avestruz
- píllaras (varias especies)
- estorniño soberbio
- ibis negro
- cegoña branca
- galiña de Guinea
- avetarda kori
- bufo real
- pelicano común
- martiño peixeiro pínto
- cegoña de Abdim
- garza gris
- bubela
Poboacións de animais
As poboacións inclúen grandes cantidades de animais: 1.500.000 ñus, 1.000.000 gacelas (entre a gacela de Grant e a gacela de Thomson), 200.000 cebras, 75.000 impalas, 74.000 búfalos, 65.000 topis, 18.000 eláns, 9.250 alcélafos, 9.000 xirafas, 5.000 elefantes, 4.000 hienas, 3.000 leóns e 500 guepardos.
Notas
- ↑ Serengeti National Park na web da UNESCO.
Véxaste tamén
Bibliografía
- Rodríguez de la Fuente, F. (1970): "3. Los ejércitos viajeros del Serengeti" e "4. Entre búfalos, damaiscos y elcelafos" en Enciclopedia Salvat de la fauna. Tomo I. África (Región etiópica). Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 55–123.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Parque Nacional del Serengeti en por Safari Park (en castelán)
- Serengeti National Park en Swahili Language & Curlture (en inglés)
- Web oficial do parque (en inglés)
- Heartbreak on the Serengeti en National Geographic (en inglés)