Partido Socialista de Andalucía
Partido Socialista de Andalucía | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 2001 |
Disolución | 2011 |
O Partido Socialista de Andalucía (PSA), foi un partido político nacionalista andaluz de esquerdas.
Constituíuse en 2001 pola unión do Izquierda Andaluza (unha escisión de Izquierda Unida), persoas independentes e unha escisión do Partido Andalucista. No Parlamento de Andalucía contaron con dous deputados até 2004, Ricardo Chamorro Rodríguez e Pedro Pacheco Herrera. Nas eleccións do 14 de marzo de 2004 obtiveron máis de 42.000 votos, pero ningún deputado.
O seu líder e secretario xeral Pedro Pacheco foi alcalde de Xerez da Fronteira dende 1979 ata 2003. Dende entón é 1º tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo.