Partido da Nación Corsa
Partido da Nación Corsa Partitu di a Nazione Corsa (PNC) | |
---|---|
Partido político de Córsega | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Jean-Christophe Angelini |
Historia | |
Fundación | 7 de decembro de 2002 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo corso Socialdemocracia Autonomismo Esquerda |
Representación | |
Asemblea de Córsega | 7 / 63 |
Parlamento Europeo | 1 / 79 |
Outros datos | |
Sede | 5 Bd de Montera, 20200 Bastia |
Na rede | |
www.p-n-c.eu | |
O Partido da Nación Corsa (en corso: Partitu di a Nazione Corsa) é un partido político nacionalista e autonomista[1][2] de Córsega. Foi fundado en Corte en 2002 por membros de tres partidos nacionalistas, Unión do Pobo Corso (UPC), A Scelta Nova e A Mossa Naziunale.
O PNC busca a autonomía para Córsega, non a total independencia. Rexeita as accións violentas da Fronte de Liberación Nacional de Córsega. Forma parte da coalición autonomista Femu a Corsica ("Fagamos Córsega"), que agrupa tres partidos minoritarios, xunto con A Chjama e Inseme per a Corsica, e formaron o partido en 2017.[3][4]
Notas
- ↑ Régis Dandoy; Arjan Schakel (19 de novembro de 2013). Regional and National Elections in Western Europe: Territoriality of the Vote in Thirteen Countries. Palgrave Macmillan. p. 100–. ISBN 978-1-137-02544-9.
- ↑ Mr Klaus-Jürgen Nagel; Ferran Requejo (28 de marzo de 2013). Federalism beyond Federations: Asymmetry and Processes of Resymmetrisation in Europe. Ashgate Publishing, Ltd. p. 226–. ISBN 978-1-4094-8911-5.
- ↑ Corse : le nationaliste Gilles Simeoni veut constituer un « grand parti de gouvernement », Le Monde
- ↑ "Réunion de Femu a Corsica : plusieurs centaines de personnes à Corte, Corse Matin". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 29 de novembro de 2020.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en corso)