Pastavy
Паставы (be) ![]() | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Belarús | |||
Rexión | rexión de Viciebsk | |||
Distrito | Pastavy District (en) ![]() ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 18.618 (2024) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 140 m ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 211840 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 2155 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | postavy.vitebsk-region.gov.by ![]() |
Pastavy (en belaruso: Паставы e en ruso: Поставы, ambas formas oficiais; en polaco: Postawy; en lituano: Pastovys) é unha vila da rexión de Viciebsk, centro administrativo do distrito homónimo. A súa poboación en 2024 era de 18.618 habitantes. A cinco quilómetros ao oeste está a Base Aérea de Pastavy.
Historia
Pastavy conta con varios edificios históricos, incluíndo casas do século XVIII e unha igrexa do século XIX. En 2009 a vila celebrou o seu 600 aniversario.
Até 1793 a vila foi parte do voivodato de Vilnius do Gran Ducado de Lituania. Entón, como resultado da segunda partición de Polonia, pasou a ser parte do Imperio Ruso, onde foi parte da gobernación de Minsk.
Entre 1921 e 1939, Pastavy foi parte da Segunda República de Polonia; no censo de 1921 o 43,3% da poboación declarábase polaca, o 34,8% xudía, e o 21,7% belarusa. En setembro de 1939 foi ocupada polo exército vermello, e o 14 de novembro incorporada á RSS de Belarús. Entre o 6 de xullo de 1941 e o 5 de xullo de 1944 foi ocupada polo Terceiro Reich, e administrada como parte do distrito xeral da Rutenia Branca do Reichskommissariat Ostland.