Paulina Rubio
![]() (2007) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Paulina Susana Rubio Dosamantes ![]() 17 de xuño de 1971 ![]() Cidade de México ![]() |
Residencia | Di Lido Island (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz de televisión, actriz de teatro, actriz de cinema, cantante, actriz, artista discográfica ![]() |
Período de actividade | 1982 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Música de América Latina ![]() |
Tesitura | Mezzosoprano ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Selo discográfico | Sony Music México Universal Music Mexico (en) ![]() EMI Music ![]() |
Familia | |
Pais | Enrique Rubio González ![]() ![]() |
Parentes | Carlos Vasallo, padrasto ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | paulinarubio.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Paulina Susana Rubio Dosamantes, coñecida artisticamente como Paulina Rubio, nada na Cidade de México o 17 de xuño de 1971, é unha cantante e actriz mexicana que vendeu máis de 20 millóns de discos en toda a súa carreira discográfica. O 30 de abril de 2007, contraeu nupcias co empresario español, Nicolás Vallejo-Nájera "Colate", do que se divorciou en 2012 e co que ten un fillo.
Traxectoria
Deuse a coñecer no seu país natal co grupo musical 'Timbiriche' en 1981 e sepárase do grupo en 1991 logo de gravar preto de 10 álbums de estudio con eles. En 1992 lanza La chica dorada, sendo o seu debut discográfico en solitario coa compañía EMI Music . Tempo despois lanzaría os seus seguintes álbums: 24 kilates, El tiempo es oro, considerado o mellor traballo da cantante con esta compañía discográfica, aínda que non o máis recoñecido, e Planeta Paulina, último en gravar con EMI Music. Máis tarde Paulina Rubio converteuse nunha das artistas mexicanas con máis proxección de México, pero sen lugar a dúbida o seu mellor momento musical chegaría tempo despois.
No ano 2000, asinou contrato con Universal Music Group, compañía que a levaría a ser coñecida internacionalmente, nese mesmo ano lanza o seu disco Paulina. O disco colocouse como o máis vendido do ano 2001, entregaronlle 2 discos de diamante por máis de 2.000.000 millóns de unidades en mondo. En España consagrouse como a primeira artista mexicana en conquistar o público español grazas ao tema "Vive el verano". O álbum Paulina editouse en países como Italia o España debido aos sinxelos como "Lo haré por ti", "Y yo sigo aquí", "Yo no soy esa mujer" e "El último adiós". Para ese tempo os medios chamárona o "Huracán Mexicano"[1] debido ó éxito na súa carreira.
En 2002, Universal Music e Paulina Rubio deciden que é tempo de dar un paso internacional co disco Border Girl, disco que conseguiu Disco de Ouro nos Estados Unidos, o Canadá, Italia e o Xapón, o seu primeiro sinxelo "Don't Say Goodbye" filtrouse rapidamente en varios países de Latinoamérica, o vídeo e canción gustaron ó público nipón e foi entón cando paulina fixo unha xira no Xapón. En 2004 pública o seu terceiro álbum internacional Pau-latina con singles como "Te Quise Tanto" e "Dame Otro Tequila" que ocuparón os primeiros lugares dos charts de América Latina e Estados Unidos.[2][3]
Seguíronlle Ananda en 2006 e Gran City Pop en 2009. Paulina logrou vender máis de 20 millóns de discos e 1 millón de descargas dixitais ao longo da súa carreira.[4][5]
A finais de 2011 sae o seu décimo disco, Brava!. Antes de publicalo xa anticipou un single titulado "Me Gustas Tanto".
Discografía
- 1992: La chica dorada
- 1993: 24 kilates
- 1995: El tiempo es oro
- 1996: Planeta Paulina
- 2000: Paulina
- 2002: Border Girl
- 2004: Pau-latina
- 2006: Ananda
- 2009: Gran City Pop
- 2011: Brava!
Notas
- ↑ "Paulina Rubio. O huracán mexicano SPEND IN". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2010. Consultado o 26 de decembro de 2009.
- ↑ "Paulina Rubio é a mexicana máis internacional"
- ↑ Paulina non se cansa do éxito
- ↑ Paulina Rubio
- ↑ El País: "Son unha empresa que escribe e canta cancións"
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Web oficial Arquivado 07 de marzo de 2008 en Wayback Machine. (en castelán)