Paulo I de Rusia

Paulo I de Rusia
Tsar de Rusia
Período17 de novembro de 1796-11 de marzo de 1801
AntecesorCatarina II de Rusia
SucesorAlexandre I de Rusia
Datos persoais
Nacemento20 de setembro de 1754 e 1 de outubro de 1754
 San Petersburgo
Falecemento11 de marzo de 1801 e 12 de marzo de 1801
 San Petersburgo
PaiPedro III de Rusia
NaiCatarina II de Rusia
CónxuxeNatalia Alexeievna e Zarin von Russland Maria Fjodorowna
FillosAlexandre I de Rusia, Constantino Pavlovich da Rússia, Nicolao I de Rusia, Alexandra Pavlovna da Rússia, Helena Pavlovna da Rússia, Maria Pavlovna da Rússia, Catarina Pavlovna da Rússia, Olga Pavlovna da Rússia (1792-1795), Ana Pavlovna da Rússia, Miguel Pavlovich da Rússia, Semyon Afanasyevich Velikiy, Marfa Musina-Yuryeva e unnamed child Romanov
RelixiónCristianismo ortodoxo
Na rede
Musicbrainz: 05473864-586f-4ea4-b886-da63e6c14290 WikiTree: Рома́нов-1 Find a Grave: 51954286 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Paulo I de Rusia (en ruso: Па́вел I Петро́вич; Pável Petróvich). Nado en San Petersburgo o 1 de outubro de 1754 e finado na mesma cidade o 23 de marzo de 1801. Foi o Tsar de Rusia desde 1796 ata o seu asasinato en 1801.

Traxectoria

Infancia

Pablo Petróvich de neno (1761), por Fiódor Rókotov.

O Gran Duque Paulo naceu durante o reinado da emperatriz Isabel, no palacio de verán da cidade de San Petersburgo, o 1 de outubro de 1754, sendo o único fillo da Gran Duquesa Catarina, a cal da a entender nas súas memorias que o pai de Paulo non era o Gran Duque Pedro senón o seu amante, Sergei Saltykov. Os partidarios de Catarina afirmaban que Pedro III era estéril, e foi incapaz de manter relacións sexuais ata que realizou unha intervención cirúrxica.

Durante a súa infancia, Paulo foi apartado da súa nai pola emperatriz Isabel, quen encargouse persoalmente da súa educación. De neno foi considerado intelixente e fermoso, algo que cambia tras sufrir un ataque de tifo en 1771, que afea as súas faccións.

Reinado

Ascendeu ao trono ao morrer a súa nai o 17 de novembro de 1796. O seu primeiro mandato foi para solicitar información sobre o testamento da falecida, e distribuílo, xa que rumoreábase que expresara os desexos de excluír a Paulo e deixar o trono a Alexandre, o seu neto máis vello. Estes temores contribuíron probablemente a promulgación das famosas Leis Paulinas, que establecían o estrito principio da primoxenitura na dinastía Romanov e que non podían ser modificadas polos seus sucesores.

Durante o primeiro ano do seu reinado, Paulo cambiou moitas das reformas políticas da súa nai. Acusou a moitos de Xacobismo e exiliou a persoas só polo feito de levar roupa de estilo parisiense ou ler libros franceses, tamén permitiu volver do exilio siberiano ao máis coñecido crítico de Catarina, Radíschev. O exército, cando suspendeu o ataque a Persia organizado por Catarina, foi chamado á capital no prazo dun mes da ascensión de Paulo. O seu pai foi soterrado con gran pompa no sepulcro real da Catedral de Pedro e Paulo. Para acabar co rumor da súa ilexitimidade Paulo respondeu alardeando da súa ascendencia de Pedro o Grande. A inscrición no monumento de Pedro o Grande di "Para o Gran Avó do Gran Neto", unha sutil pero evidente burla do latín "PETRO PRIMO CATHERINA SECUNDA" , a pomposa dedicación de Catarina no "Xinete de Bronce", a máis famosa estatua de Pedro en San Petersburgo.

En 1798 fixo entrar a Rusia na Segunda Coalición contra Francia, enviando a Suvórov a loitar contra Napoleón en Suíza e a Ushakov para axudar a Nelson nas súas operacións no Mediterráneo. En 1801 da un xiro a súa política exterior e cambia a unha neutralidade armada contra Gran Bretaña.

O 23 de marzo de 1801, Paulo foi asasinado no seu dormitorio do Castelo de San Miguel por unha banda de funcionarios despedidos encabezada por Xeneral Bennigsen, un hanoveriano ao servizo de Rusia. Entraron no seu dormitorio, e atoparon a Paulo agochado tras unhas cortinas. Os conspiradores trataron de obrigalo a firmar a súa abdicación. Paulo ofreceu certa resistencia, e un dos asasinos golpeouno cunha espada, sendo despois estrangulado e disparado ata a morte.

Sucedeuno o seu fillo Alexandre, quen se atopaba no palacio e a quen o xeneral Nikolai Zubov, un dos asasinos, anunciou a súa ascensión.

Notas

As datas están indicadas segundo o calendario gregoriano; No século XVIII, o calendario Ruso estaba atrasado do occidental por uns 11 días, 12 días no XIX, e 13 días a principios do século XX. Non sería ata 1918, despois da Revolución cando se axustou o calendario ruso ao occidental.