Pausanias (xeógrafo)
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 110 (Gregoriano) ![]() Asia, Imperio Bizantino ![]() |
Morte | c. 180 (Gregoriano) ![]() Sicilia, Italia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xeógrafo, escritor de viaxes ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Grande Enciclopedia Yuzhakov Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron ![]() |
![]() |
Pausanias (en grego antigo Παυσανίας Pausanías), chamado o Periéxeta, foi un xeógrafo e viaxeiro da Antigüidade. Naceu, segundo as suposicións actuais, en Magnesia do Sípilo (Lidia) sobre o ano 115, e morreu en Roma sobre o ano 180.
Traxectoria
Pausanias explora a Grecia antiga, a Macedonia romana, Italia, Asia e África antes de vivir en Roma sobre o 174. Alí escribe unha Descrición de Grecia (Περιήγησις / Periêgêsis [Hellados]), ou Periexese, en dez libros. Á maneira dunha guía de viaxes moderna dá, segundo transcorre o seu itinerario, a lista detallada dos lugares que visita (entre as que destaca a descrición de Delfos) e as lendas que están en relación con eles. O historiador Paul Veyne chega a dicir na súa obra Les Grecs ont-ils cru à leurs mythes ? (1983):
Pausanias é o equivalente dun filólogo ou un arqueólogo alemán da época dourada; para describir os monumentos e contar a historia dos diferentes países de Grecia, investigou nas bibliotecas, viaxou moito, veuno todo cos seus ollos. (...) A precisión das indicacións e a amplitude da información sorprenden, así como a seguridade da súa mirada. [1]
A obra de Pausanias é así un testemuño de capital importancia sobre Grecia en época romana, en particular para o século II, mesmo se Pausanias se comprace a miúdo en mesturar a historia e a mitoloxía. Numerosas escavacións arqueolóxicas teñen confirmado en moitas ocasións a veracidade das súas informacións, sobre todo no que atinxe os xacementos históricos e as obras de arte que contiñan.
A Descrición está composta do seguinte xeito:
- libro I : Ática e Megara.
- libro II : Corinto, Argólida, así como Exina e as illas que a rodean.
- libro III : a Laconia.
- libro IV : a Mesenia.
- libro V : Élida e Olimpia.
- libro VI : Élida (2ª parte).
- libro VII : Acaia.
- libro VIII : Arcadia.
- libro IX : Beocia.
- libro X : Focea e Lócrida.
Notas
- ↑ !Pausanias est l'égal d'un philologue ou d'un archéologue allemand de la grande époque ; pour décrire les monuments et raconter l'histoire des différentes contrées de la Grèce, il a fouillé les bibliothèques, a beaucoup voyagé, a tout vu de ses yeux. (...) La précision des indications et l'ampleur de l'information surprennent, ainsi que la sûreté du coup d'œil."
Véxase tamén
Bibliografía
- Lacarrière, Jacques (1978): Promenades dans la Grèce antique, Hachette.
Outros artigos
- Descrición de Delfos por Pausanias