Peggy Sue casou

Peggy Sue casou
Ficha técnica
Título orixinalPeggy Sue Got Married
DirectorFrancis Ford Coppola
ProdutorPaul R. Gurian
GuiónJerry Leichtling
Arlene Sarner
Intérpretes
MúsicaJohn Barry
FotografíaJordan Cronenweth
MontaxeBarry Malkin
Estudio
  • American Zoetrope
  • Rastar
DistribuidoraTriStar Pictures
Estrea 10 de outubro de 1986
Galicia 9 de setembro de 1994 (TVG)
Duración103 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia, drama e fantasía
Orzamento18 millóns de dólares
Recadación41,5 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt0091738 Filmaffinity: 658931 Allocine: 2435 Rottentomatoes: m/peggy_sue_got_married Mojo: peggysuegotmarried Allmovie: v37616 TCM: 18516 Metacritic: movie/peggy-sue-got-married TV.com: movies/peggy-sue-got-married Netlix: 848812 Editar o valor en Wikidata

Peggy Sue casou (en inglés: Peggy Sue Got Married) é un filme estadounidense de 1986 dirixido por Francis Ford Coppola e protagonizado por Kathleen Turner, quen interpreta o papel dunha muller ao bordo do divorcio, que é transportada no tempo aos seus días no último ano de instituto en 1960. O filme foi escrito polo matrimonio formado por Jerry Leichtling e Arlene Sarner.

O filme foi un éxito de recadación e recibiu boas valoracións por parte da crítica. Foi nomeado a tres Premios Óscar: mellor actriz (Turner), mellor fotografía e mellor deseño de vestiario. Ademais, Turner foi nomeada ao premio de mellor actriz estranxeira nos Premios Sant Jordi.

Estreouse en galego o 9 de setembro de 1994 a través da TVG.[2]

Personaxes

  • Kathleen Turner como Peggy Sue Kelcher-Bodell
  • Nicolas Cage como Charlie Bodell
  • Barry Miller como Richard Norvik
  • Catherine Hicks como Carol Heath
  • Joan Allen como Maddy Nagle
  • Kevin J. O'Connor como Michael Fitzsimmons
  • Jim Carrey como Walter Getz
  • Lisa Jane Persky como Delores Dodge
  • Lucinda Jenney como Rosalie Testa
  • Wil Shriner como Arthur Nagle
  • Barbara Harris como Evelyn Kelcher
  • Don Murray como Jack Kelcher
  • Sofia Coppola como Nancy Kelcher
  • John Carradine como Leo
  • Maureen O'Sullivan como Elizabeth Alvorg
  • Leon Ames como Barney Alvorg
  • Helen Hunt como Beth Bodell
  • Glenn Withrow como Terry
  • Marshall Crenshaw como músico na reunión[3]

Notas

  1. "PEGGY SUE GOT MARRIED (15)". British Board of Film Classification. 29 de setembro de 1986. Consultado o 29 de xaneiro de 2015. 
  2. Versión en galego (ed.). "Peggy Sue casou na TVG". Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  3. Jim Catalano (1995). "Interview: Marshall Crenshaw". steamiron.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2012. Consultado o 2 de xuño de 2011. 

Véxase tamén

Ligazóns externas