Pelasgo
Os Pelasgos foron os pobos predecesores dos helenos, como habitantes da Grecia antiga, un termo comodín utilizado por escritores clásicos gregos para designar o pobo antigo, primitivo e presumiblemente indíxena en Grecia.
Tamén se coñecen co nome de Pelasgo algúns personaxes da mitoloxía grega:
- Pelasgo, fillo de Zeus e Níobe e pai de Licaón. A lenda identifícao como o primeiro home, que naceu na Arcadia de Xea (a Terra).
- Pelasgo, fillo de Triopas e Sosis. Foi irmán de Axenor.
- Pelasgo, fillo de Poseidón e Larisa. Ocupou, xunto cos seus irmáns, e civilizou a terra que tomaría o nome de Tesalia.
- Pelasgo, fillo de Licaón.